21082018Mar
Última edición: Mar, 21 Ago 2018 12pm

O Castelo de Soutomaior dispara as súas visitas tras a musealización

Preto de 13.000 persoas pasaron xa polas instalacións da fortaleza desde que se inauguraron as obras de mellora

08 Agosto 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
O Castelo de Soutomaior. / Foto: Deputación de Pontevedra O Castelo de Soutomaior. / Foto: Deputación de Pontevedra

A musealización do Castelo de Soutomaior, unha das apostas máis fortes da Deputación de Pontevedra, disparou a súa cifra de visitas tras a musealización que se levou a cabo no recinto. Desde a reapertura a mediados de maio, xa pasaron polas súas instalacións preto de 13.000 persoas, 8.460 máis que no mesmo período do 2017, o que supón un incremento do 188 por cento.

A presidenta, Carmela Silva, amosou a súa satisfacción pola “altísima” demanda que está a rexistrar a fortaleza, xa que “soamente onte pasaron polo recinto histórico máis de 300 visitantes”.

Estes resultados permiten ao organismo provincial sacar peito pola súa aposta , que pasaba por recuperar o recinto histórico para a cidadanía. “Queremos abrir á xente, ás familias, un espazo que é de todas e de todos e queremos facelo cun castelo renovado, cheo de contidos que poñen de manifesto a importancia deste enclave tanto para a provincia como para o resto de Galicia e do Estado”, asegurou Silva.

Desde a inauguración da musealización, Soutomaior está xa situado, segundo indicou a presidenta da Deputación, “á altura dos mellores castelos do mundo, dotado da máis avanzada tecnoloxía nas súas dez salas, con materiais explicativos interactivos que recollen a historia do castelo desde o século XII ata a actualidade, reproducións de documentos históricos, sete audiovisuais, recreacións en 3D, tres caixas máxicas e un marabilloso 'videomapping' que non deixa a ninguén indiferente”.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

maltrato animal

deportes

sanidade

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos