20102018Sáb
Última edición: Vie, 19 Oct 2018 11pm

Turismo

Galicia, unha chea de propostas que non deixa de medrar

As catro provincias permiten percorrer miles de quilómetros gozando dunha oferta de costa e interior que está a verse incrementada coas novas iniciativas turísticas da Xunta de Galicia

27 Julio 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
As Illas Cíes. As Illas Cíes.

Ninguén esquece a súa visita a Galicia, unha terra que ofrece experiencias de todo tipo e que non se poden atopar noutros lugares. Sirva de exemplo o Camiño de Santiago, que move máis 300.000 peregrinos nos seus nove itinerarios por territorio galego, e o conxunto da comunidade está recibir xa máis de cinco millóns de viaxeiros nun só ano. Atractivos non lle faltan, pero tampouco orixinais experiencias turísticas para gozar dos recursos galegos tanto de costa como de interior, dun xeito sustentable e respectuoso co medio.

Ás iniciativas consolidadas nos últimos anos -os dez produtos cabeceira de marca Galicia como as Rutas da Camelia e da Lamprea, os Santuarios Máxicos ou os Mananciais de Galicia, entre outros- súmase este ano unha completa oferta que percorre as catro provincias e mestura a Galicia azul e a Galicia verde, o patrimonio natural e o patrimonio cultural. Trátase das novas experiencias deseñadas desde Turismo de Galicia que apostan por un turismo diferenciado e de calidade, propicio para gozar del os 365 días do ano, repleto de imaxinación e con propostas para coñecer o destino sen présas.

É o caso de Galicia Surfing a experiencia turística que identifica un centenar de praias galegas aptas para facer surf e que inclúe diferentes propostas de viaxe para coñecer os recursos asociados a este deporte comprendendo unha ampla zona desde Ribadeo, no extremo oriental, ata a fronteira con Portugal. Agrupadas en tres itinerarios diferentes, as praias identificadas ofrecen variadas opcións de turismo adaptadas a calquera perfil e dificultade, así como modalidades para practicar este deporte en areais máis urbanos ou máis salvaxes.

Galicia Surfing -que ten dispoñible unha app con todos os contidos- pon en valor o enorme potencial dos máis de 1.500 quilómetros de costa en Galicia, algo que comparte coa marca turística o Club da Auga, que incide ademais nos recursos fluviais galegos e une o turismo mariñeiro, o termalismo, a náutica, o Camiño de Santiago e a estancia en lugares con encanto como a rede de Paradores. Así é como comprende a posibilidade de percorrer a costa galega de faro en faro compartindo momentos cos profesionais do mar, grazas á Ruta dos Faros.Surf Praia de Patos NigránTamén permite afondar no interior galego ás beiras do río Miño grazas á Ruta do Miño de parador en parador que combina esta experiencia con estancias en seis dos establecementos hoteleiros que Paradores ten en tres provincias galegas: os de Baiona, Monforte de Lemos, Ribadeo, Santo Estevo, Tui ou Vilalba. Baixo a marca Club da Auga tamén se ofrece a posibilidade de viaxar en barco de vela seguindo a travesía que rememora rutas históricas de peregrinación por mar e tamén inclúe propostas para relaxarse nos balnearios galegos, que suman máis de 3.000 prazas hoteleiras.

E se a preferencia é coñecer Galicia por estrada, ‘Escenarios ao volante’ é a opción perfecta. Foi un dos produtos máis destacados durante a última edición da Feira Internacional de Turismo Fitur e configúrase como toda unha antoloxía das 25 mellores rutas en coche polo territorio galego. Son máis de 900 quilómetros que atravesan máis de 100 concellos. Tamén se seleccionan 50 miradoiros e 7 olladas urbanas. Rías, acantilados, cabos, bosques, montañas ou espazos naturais de singular beleza como O Courel, Os Ancares, O Macizo Central ourensán ou Pena Trevinca inclúense nos itinerarios propostos. Para coñecer todos os contidos está dispoñible unha guía en galego, castelán e inglés, que conta cun mapa adicional para que cada viaxeiro poida descubrir as súas propias rutas.

Xunto a propostas como estas, os seis parques naturais galegos ofrecen no seu conxunto preto de vinte experiencias de turismo sustentable con actividades como sendeirismo, ciclismo, equitación, saídas en barco, kayak, paddle surf, paddleboard, visitas a aldeas ou adegas, entre outras e que se poden gozar no monte Aloia, Baixa Limia-Serra do Xurés, complexo dunar de Corrubedo e as lagoas de Carregal e Vixán; as Fragas do Eume, o Invernadeiro, e Serra da Enciña da Lastra.Desembocadura do Miño A GuardaA todas estas experiencias súmanse, ademais, as novidades de produtos exitosos como os Minicruceiros Costeiros polas Rías de Galicia, para os que están previstas máis de 200 saídas este ano ou os Trens Turísticos de Galicia, que suman dous novos itinerarios, a Ruta dos Mosteiros e a Ruta do Viño da Ribeira Sacra polo Miño. En total son 12 rutas temáticas que percorren as catro provincias ata outono durante as fins de semana. Ademais, por vez primeira hai tamén teatralizacións nalgúns dos itinerarios. 

Estas experiencias, das que está dispoñible completa información en www.turismo.gal, inciden na aposta de Galicia por un turismo tranquilo e de calidade, que ten como propósito converter a Comunidade nun destino hospitalario para todo aquel que queira coñecela e facer sentir aos turistas como na casa nos máis de 270 establecementos que contan con Q de Calidade Turística; nos balnearios de Galicia, a segunda potencia termal de Europa; ou en cada unha das etapas do Camiño de Santiago. Ese é un dos obxectivos da Estratexia do turismo de Galicia 2020, a folla de ruta do turismo galego que está a permitir unha evolución responsable, diversificada e desestacionalizada da actividade turística en Galicia.11 Parque do Castro 3

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

PUBLICIDAD

economía

obras

  • Coia dice adiós a sus míticos volcanes
    Coia dice adiós a sus míticos volcanes Coia dice adiós a sus míticos volcanes. El Concello ha procedido esta semana a su demolición en el marco de las obras que está haciendo con motivo de la instalación del carril bici y la reforma del inicio y final…
    Leer más...

medio ambiente

sucesos

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos