23092018Dom
Última edición: Sáb, 22 Sep 2018 10pm

Trescentas persoas participarán na andaina polo Castelo de Sobroso e o Castro de Troña

Esta terceira 'DepoAndaina' combinará deporte, turismo e a posta en valor do patrimonio

06 Julio 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
O Castelo de Sobroso. / Foto: Deputación de Pontevedra O Castelo de Sobroso. / Foto: Deputación de Pontevedra

Este domingo terá lugar a terceira das ‘DepoAndainas’ da Deputación de Pontevedra, na que 300 persoas percorrerán 14 quilómetros pola comarca do Condado, sendo o punto de partida a casa do concello de Mondariz. A elevada demanda fixo que as 300 prazas ofertadas se completasen en 24 horas.

Tratarase dunha ruta circular, de tres horas e media de duración e de dificultade media-alta na que se percorrerán distintos reclamos turísticos da comarca pontevedresa como son os castros Laredo e Troña, as rutas polos ríos Xabriña e Tea ou o monte Landín.

A actividade vinculada a esta andaina realizarase no Castelo de Sobroso, onde se lles explicará aos participantes a historia, a orixe, a importancia, os momentos clave, as batallas e as persoas relevantes vinculadas a esta edificación histórica. Tamén se lles describirá aos asistentes como se vivía no antigo asentamento do castro de Troña.

O principal obxectivo do programa ‘Depo Andainas’ é a promoción do deporte e o turismo, poñéndose o foco, na edición deste ano, na posta en valor do patrimonio da provincia de Pontevedra. Así, a iniciativa da Deputación ofrece actividades de balde que impulsen hábitos saudables, pero que tamén promovan o territorio, promocionen o turismo e impulsen a preservación do medio ambiente da provincia.

Nesta edición, o protagonismo do programa recae nas actividades transversais asociadas ao patrimonio, coa intención de que os participantes poidan coñecer mellor a riqueza histórica, cultural e paisaxística da provincia.

A primeira das andainas celebrouse en maio no concello de As Neves e na que os participantes percorreron o quilómetro cero da vaga de lumes do pasado outubro. A segunda, que se desenvolveu en xuño entre Moaña e as Cíes, terá a súa continuación este domingo no Condado. O programa continuará en setembro na serra do Candán e concluirá en outubro en Gondomar.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

celta

in memoriam

  • Hasta pronto, Juan Costa
    Hasta pronto, Juan Costa Los Bancos de Alimentos de la Federación Española (Fesbal), llevamos en nuestros estatutos los principios de ser aconfesionales y apolíticos. Sin embargo, los voluntarios que los componemos, al margen de ser libres para elegir personalmente cualquier opción político/religiosa, somos seres…
    Leer más...

polémica

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos