22112018Jue
Última edición: Jue, 22 Nov 2018 10am

Cheo para as visitas teatralizadas que este sábado chegan ao Castelo de Sobroso

A raíña Dona Urraca, que estivo presa na fortaleza, e Pedro Madruga, quen a reconstruíu, guiarán o percorrido pola fortaleza

15 Junio 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
Vista áerea do Castelo. / Foto: Deputación de Pontevedra Vista áerea do Castelo. / Foto: Deputación de Pontevedra

As visitas teatralizadas ao Castelo de Sobroso comezan este sábado ás 11.30 horas co primeiro grupo de visitantes, visitas que continuarán á xornada seguinte, o domingo 17, e os vindeiros días 29 e 30 de xuño. Non queda unha soa praza dispoñible para ningunha delas, xa que se esgotaron o pasado martes ás dúas horas de abrir o prazo de inscricións.

As persoas que participen desta iniciativa poderán coñecer dun xeito diferente parte da historia de Galicia a través do Castelo de Sobroso. Van guiar a visita a raíña Dona Urraca, que estivo presa na fortaleza e fuxiu por un pasadizo, e Pedro Madruga, quen a reconstruíu tras as revoltas irmandiñas. Trátase dunha visita que, ao mesmo tempo, tamén serve para pór en valor a natureza, a paisaxe e o patrimonio do Castelo de Sobroso.

As persoas que estes días gocen das visitas tamén poderán realizar a “Senda do Bosque Atlántico”, unha senda ambiental para coñecer a historia e a natureza do castelo a través de audioguías e de códigos QR que se poden ir descargando no percorrido. Ademais, outra iniciativa posta en marcha recentemente para impulsar o Castelo de Sobroso é a creación dun “Xardín do Corpus”, no que se cultiven especies florais e arbustos propios desta festa de interese turístico internacional tan ligada precisamente a Ponteareas.

Todas estas iniciativas enmárcanse dentro da estratexia de posta en valor do Castelo de Sobroso, cuxos obxectivos son converter a fortificación nun importante foco de atracción de visitantes, ao igual que xa sucede co Castelo de Soutomaior, e lograr ademais manter así o patrimonio da provincia en condicións óptimas.

Ata o momento, o Goberno provincial leva investido máis de 500.000 euros na mellora da edificación e no acondicionamento do Castelo de Sobroso. As últimas actuacións, polas que o recinto estivo pechado, foron para acometer diversas obras de conservación polas que se actuou tanto na parcela como na muralla, na capela e na propia edificación. Unhas actuacións que supuxeron un investimento de máis de 314.000 euros.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

salud

movilidad

gastronomía

  • La mejor tapa de Vigo está en la calle Carral
    La mejor tapa de Vigo está en la calle Carral El Concurso de Tapas de Vigo ‘Petisquiño’ ha entregado este miércoles los premios a los ganadores de la quinta edición del certamen, organizado por la Federación Provincial de Empresarios de Hostelería de Pontevedra (Feprohos). En él, el establecimiento Trepia Gastronomía,…
    Leer más...

transporte

economía

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos