20102018Sáb
Última edición: Sáb, 20 Oct 2018 1pm

Unha ruta en moto para coñecer o patrimonio das Rías Baixas

A iniciativa, con Vigo como punto de saída e chegada, será difundida polas redes sociais pola xornalista e blogueira Alicia Sornoso

29 Mayo 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
Arbo foi unha das paradas da ruta que vén de comezar. / Foto: Alicia Sornosa Arbo foi unha das paradas da ruta que vén de comezar. / Foto: Alicia Sornosa

Comezou en Vigo a ruta moteira polas Rías Baixas coa que a Deputación de Pontevedra quere promocionar e dar a coñecer o patrimonio cultural da zona. Cun percorrido circular que contará con paradas nos lugares máis emblemáticos, a xornalista e blogueira Alicia Sornosa, a primeira muller de fala hispana en dar a volta ao mundo en moto relatándoo a través da súa web e redes sociais, irá confeccionando un ‘blogtrip’ no que se fará eco das súas experiencias.

Na primeira ruta visitarán lugares turísticos coma o Castro de Santa Trega, no concello de A Guarda para lo percorrer o interior da provincia a través dos viñedos do Condado, o castelo de Soutomaior e o Pazo de Oca en A Estrada. Xa para rematar, o mércores visitará unha bodega, a fortaleza da Lanzada, a cidade de Pontevedra e, posteriormente, trasladaranse ao Morrazo, onde farán unha parada en Cabo Home para, finalmente, continuar o último tramo da ruta en Vigo.

Sornosa encargarase de plasmar estas rutas a través do seu blog e redes sociais, nas que conta con case 33.000 seguidores en Facebook, case 9.000 en Instagram, 11.200 en Twitter, 6.623 en Youtube, 124 en Vimeo e 5.670 en su blog. A través destas canles dará a coñecer de maneira online os intereses turísticos, culturais ou gastronómicos da provincia para todos os seus seguidores.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

PUBLICIDAD

economía

celta

proyectos

el proyecto de thom mayne

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos