17112019Dom
Última edición: Sáb, 16 Nov 2019 8pm

A andaina de balde ás illas Cíes abre a súa inscrición tras coñecerse a súa data

A viaxe, que tamén pasará por Moaña, ten un límite de 300 prazas. Na pasada edición esgotáronse en cuestión de minutos

21 Mayo 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
Visitantes no faro de Cíes. / Foto: Arquivo Visitantes no faro de Cíes. / Foto: Arquivo

A Deputación de Pontevedra abriu este luns 21 de maio, ás 09:00 horas, o prazo de inscrición para as persoas interesadas en participar na segunda quenda da terceira edición do programa gratuíto ‘Depo Andainas’. Esta nova actividade será a ruta que partirá de Moaña e na que se poderá visitar as illas Cíes, e terá lugar finalmente o domingo 10 de xuño.

A ruta ten unha dificultade baixa e o seu percorrido será de 8 quilómetros. O prazo permanecerá aberto, cun límite de 300 prazas, ata o vindeiro mércores 6 de xuño a través dun formulario web en www.depo.gal/depo-andainas, aínda que o ano pasado as prazas esgotáronse en cuestión de minutos.

A andaina, como actividade complementaria, terá unha pequena charla sobre as aves que habitan nas Cíes e a importancia deste espazo para a súa conservación e a súa reprodución. Este hábitat foi declarado como Zona de Especial Protección para as Aves, e as súas zonas húmidas están protexidas dentro da Rede Natura 2000.

Esta segunda cita das ‘Depo Andainas’ ten como punto de saída no parque da Xunqueira de Moaña, a carón das pistas de atletismo, para logo dirixirse cara ao río da Fraga no seu tramo final e comezaremos a remontalo pola súa marxe. Neste tramo inicial atópanse os primeiros muíños. A ruta continuará río arriba, no lugar da Fraga, cun frondoso bosque autóctono e varios muíños, onde farase unha pausa e avituallamento líquido antes de iniciar o camiño de volta.

De regreso ao punto de saída, as persoas participantes irán cara o porto de Moaña para o embarque e traslado ás illas Cíes. Unha vez no barco repartirase comida a todas as persoas participantes para, nada máis baixar nas illas, dar inicio á segunda parte da andaina: a Ruta do Faro, onde apreciarase toda a súa extensión, así como os acantilados de máis de 100 metros, as furnas e as praias de Cíes.

Inicia sesión para enviar comentarios

navidad

vigo

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos