19082018Dom
Última edición: Vie, 10 Ago 2018 10pm

Música, teatro e sorpresas na gala de inauguración no renovado Castelo de Soutomaior

Centos de persoas déronse cita na reapertura do recinto, no que María Vinyals e o Doutor Lluria cobraron vida propia e o grupo Cómplices puxo o son en directo cun piano branco no patio de Armas

16 Mayo 2018 por
Un momento da gala de inauguración. / Fotos: Deputación de Pontevedra Un momento da gala de inauguración. / Fotos: Deputación de Pontevedra

Unha gala con sorpresas, música, teatro e elementos audiovisuais serviu para inaugurar oficialmente o renovado Castelo de Soutomaior. Centos de persoas do mundo público, social, económico, cultural, turístico, deportivo e veciñal da provincia déronse cita no evento, no que a través de María Vinyals e o Doutor Lluria, púxose en valor a historia do Castelo xunto ao o variado e singular patrimonio da comarca.

O acto comezou cunha representación simbólica da sinatura da acta de entrega do Castelo por parte da presidenta provincial, Carmela Silva, da man de Vinyals e Lluria. Trala sinatura, na porta de acceso ao castelo, as autoridades e convidados entraron no patio de Armas mentres o dúo musical Cómplices interpretaba pezas musicais en directo.

No patio de Armas proxectouse un vídeo de dous minutos no que se presentaron as actuacións acometidas no recinto, convidando á cidadanía a que o visite e coñeza o proxecto de musealización no que se pon en valor “o legado das Rías Baixas como nunca antes foi contado”. 

Ademais, Vinyals e Lluria repasaron a historia da fortaleza, dende o medievo, pasando polo século XIX, ata o actual proxecto de musealización. Neste eido, a propia Vinyals destacou que o Ben de Interese Cultural conta desde agora con “dez salas, con vídeomapping, proxeccións en 3D, audiovisuais interactivos, reproducións de documentos históricos, xogos e maquetas que recollen a historia do castelo desde o século XII ata a actualidade”.

Finalmente proxectouse un vídeo de catro minutos que leva como banda sonora ‘Un lugar en el mundo’, a peza composta por Teo Cardalda que foi tamén o tema central da campaña turística da Deputación de Pontevedra. Este novo audiovisual, que formará parte das accións promocionais a partir de hoxe mesmo, ten como nexo común a melodía de Cómplices a través dun piano branco -o mesmo que estivo presente tamén durante a gala en Soutomaior- situado nos diferentes elementos do patrimonio fortificado da provincia de Pontevedra. 

A través das imaxes e da música o vídeo recolle desde castelos como os de Soutomaior e Sobroso (Mondariz), a fortalezas como as de Baiona e Goián (Tomiño), torres como as da Lanzada (Sanxenxo) e Tebra (Tomiño), a capela da Peneda de Soutomaior, vistas da Guarda e de praias como as de Nigrán con Cíes ao fondo.

Ao remate da gala serviuse un aperitivo no que o espumoso de Albariño foi protagonista e entregáronse ás persoas convidadas cadernos e postais coa imaxe do Castelo de Soutomaior. Tamén se dispuxo un libro de visitas, que vai quedar no recinto para que as persoas que acudan ata o recinto histórico deixen as súas impresións sobre a visita.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

turismo

medio ambiente

música

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos