25052018Vie
Última edición: Vie, 25 May 2018 6pm

Vigo xa ten a súa aplicación para guiar aos turistas e recibir as súas opinións

A ferramenta ‘Vigo Experience’ ofrecerá rutas para coñecer a cidade, información de actividades de lecer ou cupóns desconto en comercios, á vez que permitirá recibir un retorno por parte dos visitantes

15 Mayo 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
Interfaz da aplicación. Interfaz da aplicación.

O Concello e a Asociación de Hoteles de Vigo, Ahosvi, veñen de lanzar de xeito conxunto ‘Vigo Experience’, unha aplicación de móbil que mostra aos visitantes toda a oferta de lecer da cidade dunha forma sinxela e atractiva, así como os seus puntos de interese, rutas, servizos e cupóns desconto dos comercios, entre outras cousas.

A ferramenta, que se descarga de maneira gratuíta, inclúe unha información completa dos puntos de interese da cidade, compras, hoteis, restaurantes, eventos culturais e deportivos actualizados, festas e servizos públicos. Ademais, está en proxecto crear itinerarios que van desde visitas rápidas de só dúas horas ata rutas para dúas ou tres días onde, por suposto, destacan as illas Cíes e a ría de Vigo.

Igualmente, servirá para que os turistas ofrezan a súa visión da cidade e da súa oferta, pudendo así opinar sobre a súa visita. A idea é buscar a interacción "para seguir mellorando".

"En Vigo queremos estar cada vez máis preto do turismo, unha pata excepcional da nosa economía, e esta aplicación ten toda a información interactiva da cidade e a capacidade de xerar o retorno que nos axudará a seguir mellorando", asegurou o alcalde de Vigo, Abel Caballero, este martes na presentación da ferramenta.

"O 90 por cento dos visitantes utiliza nas súas viaxes as novas tecnoloxías, hoxe é raro ver a un turista cun mapa de papel, por iso é esencial achegarnos a eles con ferramentas como esta", engadiu.

O presidente dos hostaleiros de Vigo, Jaime Pereira, salientou as boas expectativas do sector para o verán e explicou que o lanzamento da aplicación ‘Vigo Experience’ vai unido a unha páxina web e "á formación que daremos ás recepcións dos hoteis para que teñan un coñecemento máis profundo da cidade".

#VIGOEXPERIENCE-APP from Pumpun Dixital on Vimeo.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

explosión en tui

explosión en tui

  • La hecatombe en Tui, desde cielo y tierra
    La hecatombe en Tui, desde cielo y tierra "Devastación total", "bomba atómica", "una guerra nuclear". Estos son las descripciones que hacen los vecinos del barrio tudense de A Torre, en la parroquia de Paramos, del estado en el que quedó la zona tras la grave explosión de un…
    Leer más...

explosión en tui

explosión en tui

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos