20102018Sáb
Última edición: Vie, 19 Oct 2018 11pm

O Castelo de Soutomaior acolle a súa gala de reapertura tralo cheo das súas portas abertas

A primeira xornada de acceso de balde á fortaleza atraeu a preto dun millar de persoas, con grupos procedentes de Portugal e Alemaña

15 Mayo 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
Tres nenos ante o vídeo en 3D que conta a historia de Pedro Madruga. / Foto: Deputación de Pontevedra Tres nenos ante o vídeo en 3D que conta a historia de Pedro Madruga. / Foto: Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra reabre este martes o Castelo de Soutomaior “cunha gran gala repleta de música e moitas sorpresas”, á que asistirá boa parte da sociedade da provincia. O evento, que terá lugar a partir das 19.00 horas nos xardíns deste Ben de Interese Cultural (BIC), servirá para presentar publicamente o vangardista proxecto de musealización que vén de rematar a institución provincial no castelo cunha gran repercusión nacional e internacional.

A presidenta da institución provincial, Carmela Silva, amosou a súa satisfacción pola “altísima” demanda que está a rexistrar a fortaleza tralo anuncio da súa reapertura. Este domingo celebrouse a primeira das xornadas de portas abertas “e foi un éxito absoluto, rexistrándose preto dun millar de persoas, con ata grupos de homes, mulleres e moitos nenos e nenas procedentes de Portugal e Alemaña”. 

Estas xornadas continuarán os días 20, 21, 22, 24 e 25 de maio, coa posibilidade de realizar un percorrido polo castelo a través de visitas libres e guiadas. Para participar será preciso realizar unha inscrición previa a través do correo electrónico Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo., xa que as prazas están limitadas a 22 persoas por grupo.

A Deputación de Pontevedra investiu na musealización do castelo 700.000 euros “para dotalo de contido, de historia e rigor pero tamén de vangarda, modernidade e novas tecnoloxías, á altura de calquera castelo de Europa ou de todo o mundo”.

De feito, o castelo conta con materiais explicativos interactivos, incluíndo sete audiovisuais, recreacións en 3D, un videomapping e tres caixas máxicas.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

PUBLICIDAD

economía

obras

  • Coia dice adiós a sus míticos volcanes
    Coia dice adiós a sus míticos volcanes Coia dice adiós a sus míticos volcanes. El Concello ha procedido esta semana a su demolición en el marco de las obras que está haciendo con motivo de la instalación del carril bici y la reforma del inicio y final…
    Leer más...

medio ambiente

sucesos

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos