21112019Jue
Última edición: Mié, 20 Nov 2019 9pm

A primeira das ‘Depo Andainas’ abre o seu prazo de inscrición

A ruta inaugural, que percorrerá a vila de As Neves, está moi vencellada á vaga de lumes de outubro

03 Mayo 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
Os lumes afectaron ao 90 por cento do concello de As Neves. / Foto: Arquivo Os lumes afectaron ao 90 por cento do concello de As Neves. / Foto: Arquivo

A Deputación de Pontevedra abre este venres ás 09:00 horas o prazo de inscrición para as persoas interesadas en participar na primeira quenda da terceira edición do programa gratuíto ‘Depo Andainas’, que comeza este novo ciclo o vindeiro mércores 20 de maio no concello das Neves cun percorrido circular de preto de 16 quilómetros que terá unha duración aproximada de tres horas e media.

O prazo permanecerá aberto ata o vindeiro 16 de maio a través dun formulario web en www.depo.gal/depo-andainas. Con todo, cómpre lembrar que este tipo de actividades están moi demandadas, valga como proba que o ano pasado as prazas da primeira ruta quedaron esgotadas en 24 horas.

Neste percorrido, a vaga de lumes que arrasou a provincia de Pontevedra o pasado mes de outubro ten unha importancia notoria, non só por se tratar nun punto que afectou a practicamente a totalidade do seu territorio (o 90%), senón tamén porque o percorrido incluirá unha ac

tividade complementaria con esta temática. Deste xeito, as persoas asistentes asistirán a unha pequena charla na que se ofrecerá concienciación, sensibilización e prevención de lumes forestais, así como unha explicación sobre os factores que permitiron que as súas consecuencias e dimensións fosen tan deva

stadoras. Do mesmo xeito, os participantes aprenderán sobre o descubrimento dos petróglifos (únicos polas súas características) e as posibilidades de dinamización turística do Condado. Cada unha das actividades transversais enmárcanse dentro da campaña de promoción do destino Pontevedra Provincia ‘Somos Historias’.

Inicia sesión para enviar comentarios

navidad

virales

comercio

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos