10122019Mar
Última edición: Lun, 09 Dic 2019 8pm

O 30 por cento dos turistas que visitan Galicia decántanse pola provincia de Pontevedra

A previsión da ocupación hoteleira para a ponte de maio sitúase no 53 por cento

26 Abril 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
Turistas nas Rías Baixas. / Foto: Deputación de Pontevedra Turistas nas Rías Baixas. / Foto: Deputación de Pontevedra

A provincia de Pontevedra recibiu o 30 por cento das visitas totais que rexistrou Galicia no primeiro trimestre do ano, tal e como recollen os datos recentemente publicados polo Instituto Nacional de Estadística (INE). Segundo estas cifras, entre xaneiro e marzo pasaron pola comunidade 598.400 persoas, 37.500 máis que o mesmo período do ano pasado, e 178.000 aloxáronse na provincia.

Nese aumento que se deu a escala autonómica, 15.700 visitantes correspóndense con persoas que elixiron o destino Rías Baixas, é dicir, o aumento de visitantes captados pola provincia de Pontevedra supón o 42% de todas os novos turistas atraídos por Galicia.

“Estamos ante o mellor primeiro trimestre de ano”, valorou a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, ente que supervisa a afluencia de visitantes a través do organismo Turismo Rías Baixas, que se sitúa no ‘top ten’ nacional como destino. 

A institución tamén anunciou este xoves as súas “cautelosas” previsións de ocupación hoteleira para a ponte de maio, con motivo da festividade do Día do Traballo. A falta das reservas de último minuto, que se verán condicionadas pola situación meteorolóxica, estímase que sexa do 53,1%.

Inicia sesión para enviar comentarios

medio ambiente

tráfico

espectáculos

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos