11122019Mié
Última edición: Mié, 11 Dic 2019 6pm

Turismo Rías Baixas prevé unha ocupación hoteleira para Semana Santa do 62%

A inestabilidade meteorolóxica pode condicionar en grande medida os resultados finais

23 Marzo 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
Un grupo de turistas. / Foto: Arquivo Un grupo de turistas. / Foto: Arquivo

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, informou este venres das estimacións de Turismo Rías Baixas para esta Semana Santa e confirmou “unha previsión de ocupación hoteleira media na provincia de Pontevedra de arredor do 62%”. Na súa intervención, Silva explicou que “son datos moi prudentes por dous motivos, pola inestabilidade meteorolóxica e tamén porque, tal como nos sinalan os establecementos cos que colaboramos para recoller datos, as reservas aínda se están a producir estes días”.

Máis polo miúdo, a estimación para a comarca do Salnés é do 61%; para Pontevedra, do 65%; para O Morrazo, 45%; Caldas, 80%; comarca de Vigo, 50%; para Baixo Miño, 55%; Condado-Paradanta, 40%, e Deza Tabeirós, do 60%.

Sobre estas previsións, a presidenta da Deputación de Pontevedra afirmou que “son uns datos positivos tendo en conta as circunstancias das que falamos e tamén que o ano pasado tivemos unhas cifras reais récord que superaron con creces as previsións prudentes que deramos, algo que espero que se repita este ano”.

En canto ao turismo rural, Turismo Rías Baixas fai unha estimación do 65% de ocupación, situándose ao redor do 55% en comarcas de interior como Deza e O Condado.

En relación a outros datos, a Presidenta resaltou que “podemos adiantar, en canto ao perfil dos visitantes, que 7 de cada 10 persoas que realizaron reservas son familias e grupos de amigos e amigas, co que vólvese a amosar que a nosa aposta por un turismo de familia vai en liña co que está a acontecer”. Tamén para rematar, indicou que a maioría das reservas que se están realizando son entre o xoves 29 de marzo e o domingo 1 de abril.

Inicia sesión para enviar comentarios

medio ambiente

televisión

laboral

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos