18012018Jue
Última edición: Jue, 18 Ene 2018 4pm

 

Máis de 200 establecementos turísticos poderán mellorar as súas instalacións con axudas públicas

A liña de subvencións conta cun orzamento de 500.000 euros

12 Enero 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
As axudas cobren ata o 35 por cento do custo da mellora. As axudas cobren ata o 35 por cento do custo da mellora.

O delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, presentou este venres as novas liñas de axudas de Turismo de Galicia para o ano 2018, que superan en conxunto os cinco millóns de euros. Trátase de programas de subvencións dirixidos ao sector turístico da comunidade, ás entidades locais e a diversos colectivos que inclúen numerosas novidades e amplían o alcance da pasada edición.

Unha das novas apostas será o plan de renovación de establecementos de aloxamento, cun investimento de 500.000 euros dirixido a estimular, con ata o 35% do custo, a remodelación e modernización das súas instalacións, o que incrementará a calidade do servizo que prestan.

No caso da área territorial de Vigo, máis de 200 establecementos poderán beneficiarse desta liña de axudas. Serán subvencionables accións de mellora de accesibilidade, a favor da excelencia ou de aforro enerxético a prol da sustentabilidade ambiental, entre outras.

No eido privado, tamén se incentivará a cooperación entre pequenos operadores, de xeito que deseñen e comercialicen produtos turísticos innovadores conxuntamente. A súa oferta deberá basearse en produtos que diferencian e enriquecen a Galicia como destino, como o Camiño de Santiago, a natureza, os balnearios, a enogastronomía, o turismo mariñeiro, a ruta das camelias, faros e praias salvaxes, patrimonio oculto ou santuarios máxicos. Tamén produtos dirixidos ao público familiar, ao turista sénior, unha oferta para xornadas de choiva, produtos temáticos para fins de semana ou centrados nos diferentes núcleos históricos.

Máis colaboración coas entidades locais
Para afondar na colaboración coa administración local, Turismo de Galicia amplía os fondos dirixidos a concellos, mancomunidades ou xeodestinos, entre outros. A liña para melloras nas súas infraestruturas incrementase en 1 millón de euros ata os 2,5 millóns. Ademais, mentres que ata agora procedían de fondos europeos, desde este momento pasan a ser fondos propios.

Máis de 200 entidades locais beneficiáronse deles nos dous últimos anos. Nesta convocatoria amplíanse os conceptos subvencionables, pois ademais de sinalización e accesibilidade dos recursos, incluiranse actuacións de embelecemento dos accesos, das contornas, dos Bens de Interese Cultural (BIC) xa declarados ou en proceso de selo e iniciativas de posta en valor turístico.

O apoio dos concellos ás 117 Festas de Interese Turístico de Galicia -das cales 13 celébranse en concellos da área metropolitana de Vigo-, a súa promoción e difusión tamén forman parte das novas liñas de axuda. Igualmente, as subvencións para os 47 concellos declarados municipios turísticos de Galicia, entre eles Cangas, Baiona e Nigrán, de xeito que poidan reforzar o persoal das súas oficinas de turismo de xuño a setembro.

Escribir un comentario


Código de seguridad
Refescar

vigo

ciclismo

sanidad

educación

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos