13122017Mié
Última edición: Mié, 13 Dic 2017 1pm

 

Turismo Rías Baixas prevé unha ocupación media do 64% durante a ponte de decembro

De confirmarse os resultados, o 2017 remataría como o mellor ano turístico da última década

05 Diciembre 2017 por
Valora este artículo
(0 votos)
Turistas embarcando cara ás Cíes. / Foto: Arquivo Turistas embarcando cara ás Cíes. / Foto: Arquivo

O ente turístico da Deputación de Pontevedra estima que as Rías Baixas contarán cunha ocupación media do 64% durante a ponte de decembro que comeza este mércores. As estimacións medias provinciais, que manteñen a tendencia alcista rexistrada ao longo de todo este ano 2017, supoñen ata 24 puntos por riba do estimado na mesma ponte do 2016, cando se agardaba un 40% de ocupación.

Turismo Rías Baixas prevé que a ocupación máis alta espérase na comarca de Caldas, cun 98% de ocupación hoteleira. Seguen a Caldas, O Condado e A Paradanta co 85% de ocupación e O Salnés co 81% previsto.

Para a comarca de Pontevedra, o organismo espera unha ocupación do 70% e para as comarcas do Morrazo así como Vigo superior ao 52%. Pola súa banda, as estimacións para O Baixo Miño se sitúan no 45% e no 35% para as comarcas do Deza e Tabeirós-Terra de Montes.

En canto ao turismo rural, estimase que a ocupación media para a provincia de Pontevedra será superior ao 32%, é dicir, case 20 puntos por riba do estimado na mesma ponte do 2016 para este tipo de establecementos.

De confirmarse estes resultados previstos polo organismo da Deputación de Pontevedra, o 2017 se situaría como o mellor ano turístico da última década. De feito, o pasado verán foi cualificado pola presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, como “espectacular, o mellor desde que temos rexistros” ao superar o 83% da ocupación media na provincia de Pontevedra, é dicir, ata cinco puntos por riba do verán do 2016.

Escribir un comentario


Código de seguridad
Refescar

infraestructuras

borrasca "ana"

sequía

sanidade

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos