18022018Dom
Última edición: Dom, 18 Feb 2018 11am

 

O Camiño Portugués xa recibe preto do 20% do total de peregrinos

A directora de Turismo de Galicia visitou o resultado do proxecto de sinalización ‘Mos, a rosa do Camiño’

20 Noviembre 2017 por
Valora este artículo
(1 Voto)
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, mostrou as intervencións realizadas ao abeiro do acordo asinado entre o seu Concello e Turismo de Galicia. / Foto: Xunta de Galicia A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, mostrou as intervencións realizadas ao abeiro do acordo asinado entre o seu Concello e Turismo de Galicia. / Foto: Xunta de Galicia

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, acompañada do delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, visitou hoxe o resultado do proxecto de sinalización Mos, a rosa do Camiño, desenvolvido neste concello da provincia de Pontevedra, arredor do Camiño Portugués, un itinerario que non deixa de gañar importancia año a ano e xa recibe preto do 20% do total de peregrinos.

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, mostrou as intervencións realizadas ao abeiro do acordo asinado entre o seu Concello e Turismo de Galicia. Grazas a el, peregrinos e visitantes en xeral teñen agora máis información e máis precisa sobre a ruta e os recursos dispoñibles.

Esta actuación permite pór en valor a marca Mos, a rosa do Camiño, que vincula dous dos recursos máis destacados desta localidade: a ruta xacobea e a Festa da Rosa, declarada de Interese Turístico de Galicia. O proxecto contén diferentes tipos de sinais, xa instaladas, como frechas de madeira, tótems de benvida e carteis-directorio planimétricos culturais.

Máis de 58.000 peregrinos percorreron este ano xa o Camiño Portugués, un 19,5% máis que no mesmo período de 2016. Este auxe consolídao como segunda ruta xacobea preferida polos camiñantes. Como parte do seu compromiso coa súa mellora e posta a punto para o Xacobeo 2021, o Plan director e estratéxico do Camiño de Santiago dedicará o próximo ano a este itinerario e ao Camiño Portugués da Costa, no que se realizarán diversas actuacións.

No marco da súa visita hoxe a Mos, Nava Castro aproveitou para reunirse cos membros da Mesa local do Camiño de Santiago co fin de intercambiar impresións ao respecto.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

verne en vigo

  • Julio Verne visitó Vigo... y repitió
    Julio Verne visitó Vigo... y repitió En el libro “20.000 leguas de viaje submarino”, en el capitulo 8 de la 2ª Parte llamado “La bahia de Vigo”, Julio Verne narra como el Capitán Nemo hablando con el profesor Pierre Arronax le cuenta un episodio de la…
    Leer más...

Diversión

celta

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos