18072018Mié
Última edición: Mar, 17 Jul 2018 9pm

O Camiño Portugués da Costa dispárase con 6.000 peregrinos en nove meses

A directora de Turismo, Nava Castro, e o delegado territorial en Vigo, Ignacio López-Chaves, presentaron unha acción promocional da ruta

06 Octubre 2017 por
Valora este artículo
(1 Voto)
O acto contou coa presenza de Jesús María Fernández Portela, alcalde de O Rosal; Antonio Lomba, alcalde de A Guarda; Cristina Correa Pombal, alcaldesa de Oia; Ángel Rodal, alcalde de Baiona e Javier Bas, alcalde de Redondela, concellos polos que atravesa este itinerario. / Foto: Xunta O acto contou coa presenza de Jesús María Fernández Portela, alcalde de O Rosal; Antonio Lomba, alcalde de A Guarda; Cristina Correa Pombal, alcaldesa de Oia; Ángel Rodal, alcalde de Baiona e Javier Bas, alcalde de Redondela, concellos polos que atravesa este itinerario. / Foto: Xunta

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, valoraron este vernes o crecente papel do Camiño Portugués da Costa, un itinerario que, como explicaron, está despuntando como valioso reclamo da provincia de Pontevedra, como así o demostran os máis de 6.000 peregrinos que selaron a Compostela este ano tras percorrer esta ruta.

Nava Castro, recordou que o seu recoñecemento oficial como itinerario de peregrinación o ano pasado supuxo un importante impulso para unha ruta que o ano pasado nestas datas escolleran algo máis de 2.300 peregrinos. “Un crecemento exponencial que amosa a fortaleza do camiño e tamén que o recoñecemento foi un paso importante no obxectivo da Administración autonómica de impulsar, promocionar e garantir a protección e conservación de todas as Rutas Xacobeas”, indicou.

Neste sentido, a responsable de Turismo referiuse ao traballo da Xunta de Galicia levado a cabo neste itinerario, que desde este ano conta con sinalización provisional con máis de 80 mouteiras, así como vieiras cerámicas e de bronce. A preguntas dos medios de comunicación sobre o estado de sinalización na cidade de Vigo, a directora de Turismo aclarou que se requiriu en varias ocasións a este Concello información sobre o número de mouteiras que precisaban, sen ter a dia de hoxe resposta. Motivo polo cal a sinalización nesta cidade está pendente de realizarse nunha seguinte fase.

Compromiso coa ruta
“E o noso traballo diario continúa, ao abeiro do Plan director e estratéxico do Camiño de Santiago, o itinerario que nos está a permitir mellorar o presente e preparar o futuro da peregrinación para dar resposta a esta diversificación nunca antes vista”, explicou a directora de Turismo.

Un traballo que se materializou tamén hoxe coa acción promocional presentada e que se desenvolve na cidade de Vigo a través dunha imaxe de grandes dimensións que visibiliza o percorrido deste itinerario en Galicia e dá resposta así ás históricas reivindicacións para impulsar esta ruta por parte de colectivos relacionados co Camiño Portugués da Costa. O acto contou coa presenza de Jesús María Fernández Portela, alcalde de O Rosal; Antonio Lomba, alcalde de A Guarda; Cristina Correa Pombal, alcaldesa de Oia; Ángel Rodal, alcalde de Baiona e Javier Bas, alcalde de Redondela, concellos polos que atravesa este itinerario.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

tráfico

festival

crossfit

  • Comienza la modernización del transporte
    Comienza la modernización del transporte Uno de los indicadores más claros del progreso de una sociedad es la calidad de su transporte públilco. El próximo año finaliza la mayor parte de las concesiones de autobús que recorren cada día la geografía gallega y que fueron…
    Leer más...
  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos