22102017Dom
Última edición: Dom, 22 Oct 2017 12am

As Rías Baixas pecharon o verán coa mellor ocupación hoteleira “da última década”

Os establecementos de Vigo presentaron un índice do 87%, por riba da media da provincia de Pontevedra

06 Octubre 2017 por
Valora este artículo
(1 Voto)
Turistas en la estación marítima. / Foto: Archivo Turistas en la estación marítima. / Foto: Archivo

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, presentou este venres o balance dos resultados acadados en setembro e durante o verán en canto a ocupación de hoteis e establecementos rurais das Rías Baixas. Silva amosou a súa satisfacción por uns resultados históricos que sitúan ao verán do 2017 como “espectacular, o mellor verán da última década”.

En liñas xerais, entre xuño e setembro a ocupación hoteleira media na provincia de Pontevedra foi do 82,84% fronte ao 78,15% obtido o pasado verán, é dicir, case cinco puntos máis que o acadado na mesma temporada do ano 2016.

Máis polo miúdo, Vigo rexistrou unha ocupación do 87,9%, O Morrazo do 81,1%, o Baixo Miño do 79,9% e o Condado e A Paradanta do 79,7%.

En canto ao número de viaxeiros que chegaron ata a provincia de Pontevedra, a presidenta da Deputación de Pontevedra tamén amosou a súa satisfacción xa que o incremento foi do 11,75% con respecto ao verán do 2016, cando xa se rexistrara un crecemento do 31% con respecto ao mesmo período do 2015.

Silva informou que “en total, visitaron a provincia de Pontevedra medio millón de persoas durante o verán polo que, se temos en conta que a provincia ten 900.000 habitantes, estamos a falar de 1,4 millóns de persoas nas Rías Baixas o que supón un enorme esforzo e unha cuestión a ter tamén en conta á hora de facer planificación turística”.

Ademais, os datos de Turismo Rías Baixas confirman que o mes de setembro pechou cunha ocupación hoteleira media provincial do 73,4%, superior á estimación e dous puntos máis que o acadado en setembro de 2016, cando a porcentaxe se situou en preto do 72%.

A ocupación nos establecementos de turismo rural en setembro ascenderon ao 40% e superaron en máis de 5 puntos os acadados no mesmo período de 2016.

Os turistas
En canto ás persoas que visitaron o destino Rías Baixas, a presidenta da Deputación de Pontevedra subliñou que procedían de España, con idades comprendidas entre os 35 e 60 anos (49%), aloxadas en hoteis (57%) e cunha estanza media de 7 a 15 días.

Silva destacou que “aínda que as procedencias son moi diversas, as persoas que máis nos visitan proveñen de Madrid, Barcelona, Biscaia e Cádiz e se achegan ata a nosa provincia motivados pola natureza e cultura”.

Os estranxeiros que pernoctaron na provincia de Pontevedra no pasado mes de setembro ascenderon ao 33%, 2 puntos máis que a porcentaxe acadada no mesmo mes do pasado ano, e proceden maioritariamente de Francia, Portugal, Italia, Alemaña e Reino Unido.

A este respecto, Carmela Silva destacou que “estes resultados cadran cos que o propio sector e os concellos nos trasladaron a través do Plan de Concertación, que dicían que estes eran os lugares onde deberíamos facer máis promoción”.

E, como dato significativo, a presidenta provincial deu a coñecer que o 68% das persoas que visitaron o destino Rías Baixas non o coñecían.

Escribir un comentario


Código de seguridad
Refescar

incendios forestales

entrevista: greenpeace

vigo

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos