09122019Lun
Última edición: Lun, 09 Dic 2019 8pm

Esgotadas as prazas para participar na ruta gratuíta a Cíes e Vilaboa

A Deputación de Pontevedra pechou as inscricións tras recibir 400 solicitudes en menos de 24 horas

30 Agosto 2017 por
Valora este artículo
(0 votos)
Vista dende o Faro das Cíes. / Foto: Arquivo Vista dende o Faro das Cíes. / Foto: Arquivo

En menos de 24 horas desde que se puxeran a disposición da cidadanía as 300 prazas de balde para participar na andaina de Vilaboa e Cíes, a Deputación de Pontevedra deu por pechada a inscrición na actividade. Nun primeiro momento, estaba previsto que o prazo permanecese aberto ata o luns pero a demanda fixo que a institución provincial pechase a recepción de solicitudes e abrise unha lista de agarda coas 100 últimas persoas.

A actividade, que terá lugar o vindeiro 10 de setembro, é a terceira organizada este ano pola Deputación de Pontevedra. Comezará ás 09.00 horas con Vilaboa coma punto de partida e iniciarase cunha ruta polas Salinas do Ulló. Posteriormente, tras visitar o Miradoiro de Aves, un bus recollerá aos participantes para levalos ao porto de Cangas, dende onde sairán cara ás Illas Cíes.

Xa na illa principal haberá un xantar nos merendoiros entre as praias de Rodas e Figueiras e despois  dun pequeno descanso comezará a subida ao Alto do Príncipe (Monte Agudo), unha das rutas máis simbólicas e que permite gozar das mellores panorámicas desde un Parque Nacional único en España.

Ao remate, haberá a opción de seguir en ruta ata o Faro de Portas, na parte sur da illa pasando pola Lagoa dos Nenos, ou de quedar na marabillosa praia de Rodas.

Durante a actividade, que durará aproximadamente ata as 20.00 horas, impartirase un obradoiro ornitolóxico sobre as aves do ecosistema das Illas Atlánticas no que se incluirán técnicas para a observación e claves para a identificación de aves, tanto en voo como en terra. Ademais, os participantes poderán recibir un obradoiro de introdución en técnicas de fotografía de aves en voo, medio mariño e terrestre.

Posteriormente a esta ruta das Illas Cíes desenvolveranse outras dúas andainas nos meses de setembro e outubro, a primeira en Tui, co Camiño de Santiago, e, en último lugar, en Soutomaior.

Inicia sesión para enviar comentarios

medio ambiente

tráfico

espectáculos

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos