21042018Sáb
Última edición: Sáb, 21 Abr 2018 2pm

 

ruta xacobea

O Camiño Portugués pola Costa xa ten a súa primeira mouteira

O alcalde de Baiona, Ángel Rodal, e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, asisten á colocación da primeira marca do Camiño

02 Marzo 2017 por
Valora este artículo
(1 Voto)
Bargiela, Castro, Rodal, González e López-Chaves, este mércores en Baiona. / Foto: Concello de Baiona Bargiela, Castro, Rodal, González e López-Chaves, este mércores en Baiona. / Foto: Concello de Baiona

O Camiño pola Costa xa ten a súa primeira mouteira que indica o paso da ruta xacobea. A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o alcalde de Baiona, Ángel Rodal, presidiron este mércores a colocación da sinalización oficial do Camiño na rúa Dolores Agrelo de Baiona, xunto ao campo de fútbol do Aral. Ao acto tamén asistiron o xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez Bargiela; o delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, e a concelleira de Turismo de Baiona, Beatriz González.

Dende hoxe os peregrinos que fagan a ruta teñen xa a primeira marca que indica o paso do Camiño Pola Costa. Trátase da primeira mouteira das doce que serán colocadas nos próximos meses por parte da Xunta de Galicia. En total, serán 82 en todo o percorrido, dende A Guarda, pasando por O Rosal, Oia, Baiona, Nigrán e Vigo.

“O trazo do Camiño pasa por aquí, este é o punto exacto por onde teñen que pasar os peregrinos na súa andaina e decidimos comezar en Baiona por ser un dos iniciadores do Camiño Portugués pola Costa e como impulsores era importante facer este acto antes da súa grande Festa da Arribada”, sinalou Nava Castro.

A mouteira quedou situada no lugar no que a ruta descende da parroquia de Baredo e entra no Casco Vello de Baiona. Antes da Semana Santa quedarán colocadas outra decena de sinais, aproximadamente cada 500 metros, para guiar aos camiñantes e evitar os puntos nos que poida haber confusión.

Pola súa banda, o alcalde destacou o feito de que Baiona sexa o primeiro municipio en contar coa sinalización. “Temos case dez quilómetros do Camiño pola Costa e para nos é moi importante que estea recoñecida a ruta de peregrinación porque a nosa vila ten moito patrimonio cultural que amosar aos camiñantes”.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

  • El mejor café de España se sirve en Vigo
    El mejor café de España se sirve en Vigo El barista vigués Marcos González, que representaba a Galicia, se ha proclamado vencedor del Campeonato de España Fórum del Café, siendo distinguido como Barista de Oro 2018. En la gran final, disputada este miércoles, también ha obtenido el premio al…
    Leer más...

medio ambiente

  • Playa y chapuzón de una nutria en Vigo
    Playa y chapuzón de una nutria en Vigo Retozándose en la arena totalmente ajena al mundo y disfrutando tranquilamente del agua para refrescarse del calor. Así se pudo ver este miércoles a una nutria en las playas de Vigo. Rondando por el arenal de la Calzoa, junto a…
    Leer más...

andainas

mobilidade

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos