• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    lunes, 8 de diciembre de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    Rías Baixas promocionará en Fitur a súa inigualable natureza con ‘Sigue o teu instinto’

    A actriz viguesa Celia Freijeiro conducirá en Madrid a presentación deseñada pola Deputación, que promete “non deixar a ninguén indiferente”
    Redacción por Redacción
    17 de Ene, 2020
    en Galicia
    0
    Rías Baixas promocionará en Fitur a súa inigualable natureza con ‘Sigue o teu instinto’

    Carmela Silva e a deputada Ana Laura Iglesias, no avance da presentación que se fará en Fitur. / Foto: Deputación de Pontevedra

    “O esplendor da natureza” da provincia de Pontevedra será neste 2020 protagonista de ‘Sigue o teu instinto’, a campaña de promoción turística das Rías Baixas que se presentará o xoves 23 de xaneiro ás 12.30 horas na feira FITUR de Madrid nun acto no que “non imos deixar a ninguén indiferente”, tal e como afirmou a presidenta da Deputación, Carmela Silva.

    Silva anunciou que a coñecida actriz Celia Freijeiro será a condutora do evento, ademais de ser a protagonista dun audiovisual “espectacular, que apela directamente ás emocións, que suporá un antes e un despois na presentación da paisaxe e da natureza de todas as comarcas da provincia”. Aparte de Freijeiro, a “delegación” turística da Deputación contará con “embaixadoras e embaixadores potentísimos”, e con “incribles materiais de promoción con moita capacidade para emocionar, que falan da provincia dun xeito que ninguén antes fixo”.

    De feito, xunto a ‘Sigue o teu instinto’ tamén se vai empregar a etiqueta ‘Detente e mira’, para facer fincapé na necesidade de “escoitar o que nos pide o corpo, deternos, e deixarnos levar para conectar co noso lado máis humano, co natural, coas raíces”. O vídeo “de carácter intimista e moi de pel” estará baseado nas emocións, contando historiais en escenarios de todas as comarcas da provincia de Pontevedra e representando os 365 días do ano, “porque cremos na desestacionalización”.

    Tamén explicou que no vídeo se verán cuestións relacionadas co turismo de benestar, o respecto aos animais e á fauna, a acción ecolóxica cidadá e institucional e o turismo activo e de aventura con deportes relacionadas coa natureza. Neste último caso, haberá unha peza audiovisual na que deportistas de elite da provincia como Desiré Vilas, Pablo Dapena, Rodrigo Conde, Susana Alonso e Roi, Uxía e Iria Huertas, “farán a súa propia reflexión sobre a natureza desde paisaxes espectaculares”.

    Pechar o círculo
    A selección da natureza, a sustentabilidade e medio ambiente, responde a un dobre motivo  tal e como explicou Silva. “Seguimos a pechar o círculo que iniciamos en Fitur promovendo produtos ao abeiro das directrices do Plan Estratéxico. Deste xeito comezamos coa cultura, con ‘Somos historias’, continuamos coa gastronomía, con ‘Fame de experiencias’ e, neste 2020, escollemos natureza e ‘Sigue o teu instinto’.

    Ademais, con este eixo temático “estamos a amosar o compromiso da Deputación coa Axenda 2030 e cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible”. “Temos unha natureza e paisaxes espectaculares, onde non soamente se pode desfrutar de xeito pasivo senón tamén de forma activa, realizando actividades relacionadas co turismo activo e rural, co turismo de aventura, cos deportes e tamén co turismo de benestar e termalismo”, asegurou Carmela Silva. Por iso este ano o lema escollido é ‘Sigue o teu instinto’, no que se pon de manifesto “que somos parte da natureza, que ás veces temos que acudir a un lugar que nos permita recordalo e ese lugar é a provincia de Pontevedra”.

    No evento, que será retransmitido por streaming a través da web e redes sociais da Deputación,  tamén aparecerá un terceiro audiovisual no que se dará conta do proceso de elaboración do agasallo “marabilloso” que se vai entregar en Fitur. Ao respecto, Silva asegurou que “imos espallar natureza en estado puro en Madrid. Imos repartir mar e montaña nun regalo que a ninguén lle vai pasar desapercibido. Un regalo no que o patrimonio inmaterial do saber popular relacionado coa natureza dará moito de que falar”. Tamén detallou a presidenta que o agasallo foi feito en colaboración cunha empresa sostible e con persoas con diversidade funcional e que “as 500 unidades elaboradas en edición limitada terán un valor moi especial xa que van formar parte dunha obra de arte efémera e colectiva”.
    STI 1 horizontal alta Esp
    Axenda en Madrid
    A presidenta informou que amais da presenza en Fitur, manterase unha completa axenda de traballo en Madrid. O mesmo día da presentación, o xoves 23 de xaneiro ás 20.30 horas na Galería de Cristal do Palacio de Cibeles, a Deputación estará presente na Gala Q de Calidade para recoller as renovacións dos distintivos Q para a Oficina de Turismo Rías Baixas, o punto de información turística do Mosteiro de Armenteira, o punto de información turística do Aeroporto de Vigo, a oficina de Caldas de Reis, a de Cangas, a oficina de Turismo de Baiona e o punto de información turística da Illa de Arousa.

    Ao respecto, a presidenta amosou a súa satisfacción porque “acadamos unha puntuación de 94 sobre 100 e chegamos á máxima puntuación en canto a revisión do sistema de calidade, prestación do servizo de atención ao turista, recursos humanos e infraestruturas e en instalacións e equipamento”.

    Xunto a este acontecemento, A Deputación tamén estará presente nas presentacións de destinos da provincia de Pontevedra e manterá reunións con turoperadores, empresas TIC  aplicadas ao turismo, empresas de comunicación, co ICTE, co Instituto de Turismo Responsable así como coa organización do Congreso Europeo de Turismo Rural. Ademais as técnicas de Turismo Rías Baixas acudirán a foros e obradoiros no marco de FITUR relacionados co big data, calidade, destinos turísticos intelixentes ou ODS.

    Tamén, o día previo á presentación, o 22 de xaneiro ás 19.30 horas na librería La Buena Vida de Madrid presentarase o libro de Diego Piay ‘María Vinyals. La mujer del porvernir. Siete vidas bajo la sombra de un castillo’. “Queremos facelo –asegurou Silva- porque María Vinyals tivo unha estreita relación con Madrid, onde viviu e desenvolveu un papel moi importante como pintora, escritora, conferenciante e en asociacións de diversa índole como o Ateneo”.

    43

    RelacionadosArtículos

    La humillación del Celta da la vuelta al mundo: y Williot se vengó del Madrid
    Celta

    La humillación del Celta da la vuelta al mundo: y Williot se vengó del Madrid

    08 de Dic, 2025
    Alerta naranja por temporal costero: olas de siete metros, vientos del suroeste y actividad deportiva suspendida
    Actualidad

    Alerta naranja por temporal costero: olas de siete metros, vientos del suroeste y actividad deportiva suspendida

    08 de Dic, 2025
    Camelias encara 2026 con un objetivo claro «seguir conservando su esencia, pero adaptándose a las necesidades actuales de la zona»
    Local

    Camelias encara 2026 con un objetivo claro «seguir conservando su esencia, pero adaptándose a las necesidades actuales de la zona»

    08 de Dic, 2025
    El Celta desquicia al Real Madrid y logra un triunfo histórico en el Bernabéu
    Celta

    El Celta desquicia al Real Madrid y logra un triunfo histórico en el Bernabéu

    08 de Dic, 2025
    Demandan a urxente reparación e reforma integral da liña ferroviaria Vigo-Ourense
    Actualidad

    Demandan a urxente reparación e reforma integral da liña ferroviaria Vigo-Ourense

    07 de Dic, 2025
    Italianos en conserva: Lago Paganini, Virzi y Sacco en Vigo
    Más Vigo

    Italianos en conserva: Lago Paganini, Virzi y Sacco en Vigo

    07 de Dic, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    La Federación Vecinal lleva a Caballero al juzgado: «Ninguna asociación puede denunciar lo que pasa en su barrio»

    La Federación Vecinal lleva a Caballero al juzgado: «Ninguna asociación puede denunciar lo que pasa en su barrio»

    por Redacción
    02 de Dic, 2025
    0

    Adiós a un símbolo de la identidad de Vigo: los querubines abandonan ya el Paseo de Alfonso

    Adiós a un símbolo de la identidad de Vigo: los querubines abandonan ya el Paseo de Alfonso

    por María Alonso
    03 de Dic, 2025
    0

    Los vigueses perdieron 34 horas al volante en los atascos

    «No se toman medidas hasta que hay una desgracia, y no será por falta de advertencias»

    por Redacción
    01 de Dic, 2025
    0

    El local de moda del Casco Vello se expande y ya tripula un conocido pub de ocio nocturno de Vigo

    El local de moda del Casco Vello se expande y ya tripula un conocido pub de ocio nocturno de Vigo

    por Redacción
    01 de Dic, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Italianos en conserva: Lago Paganini, Virzi y Sacco en Vigo
    Más Vigo

    Italianos en conserva: Lago Paganini, Virzi y Sacco en Vigo

    A finales del siglo XIX la anchoa o bocarte apenas se pescaba en la zona del Cantábrico. Sin embargo en el...

    por Fernando Torres Carbajo
    07 de Dic, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 4

    HISTORIA DE VIGO

    Vigo, en las imágenes aéreas del Vuelo Americano de 1946 y 1956
    Más Vigo

    Vigo, en las imágenes aéreas del Vuelo Americano de 1946 y 1956

    No son las primeras imágenes aéreas de Vigo, pero sí las primeras que se utilizaron para trazar mapas de la...

    por Eduardo Rolland
    09 de Ene, 2021

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Más Vigo

    Tranvías Eléctricos, una empresa emblemática de nuestra ciudad

    Sería el final de un transporte que había durado 54 años. La empresa había intentado llegar a un acuerdo con...

    por Fernando Torres Carbajo
    17 de Oct, 2015

    LIBROS

    Santiago Díaz regresa a Vigo con ‘Jotadé’, el policía gitano que nadie esperaba querer
    Libros

    Santiago Díaz regresa a Vigo con ‘Jotadé’, el policía gitano que nadie esperaba querer

    El escritor y guionista madrileño Santiago Díaz presenta este miércoles, 3 de diciembre, en Vigo su última novela, 'Jotadé', arranque...

    por David Augusto
    03 de Dic, 2025

    OPINIÓN

    Los querubines son de Vigo
    Opinión

    Los querubines son de Vigo

    Lo que muestra esta fotografía es el estado actual de una de las zonas más significativas de la ciudad de...

    por Julio Alonso
    30 de Nov, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR