Deste xeito, o goberno provincial, co obxectivo de que se poida gozar do programa previsto, tanto no exterior como no interior do recinto, vese na obriga de posponer o acto.
Pese ao aprazamento da gala, o que si se manteñen son as xornadas de portas abertas de balde tanto para este domingo pola tarde, así como as previstas para o 20, 21, 22, 24 e 25 de maio, coa posibilidade de realizar un percorrido polo castelo a través de visitas libres e guiadas.
Para participar nas visitas guiadas, que terán lugar ás 11.00 e 17.00 e horas, a partir do día 21, será preciso realizar unha inscrición previa a través do correo electrónico castelodesoutomaior@depo.es xa que as prazas están limitadas a 22 persoas por grupo.
A Deputación de Pontevedra investiu na musealización do castelo 700.000 euros “para dotalo de contido, de historia e rigor pero tamén de vangarda, modernidade e novas tecnoloxías, á altura de calquera castelo de Europa ou de todo o mundo”. De feito, o castelo conta xa con materiais explicativos interactivos, incluíndo sete audiovisuais, recreacións en 3D, un videomapping e tres caixas máxicas.
Artigos relacionados:
El Castillo de Soutomaior empieza una nueva vida tras su musealización
Seis días de portas abertas para coñecer o renovado castelo de Soutomaior