• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    miércoles, 14 de enero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    turismo

    A ocupación hoteleira na provincia de Pontevedra subiu catro puntos en xaneiro

    Carmela Silva anunciou que este ano as nove festas de interese turístico "serán unha das claves da temporada turística de Rías Baixas para atraer a visitantes que cada vez buscan máis cultura, gastronomía de excelencia, paisaxe, natureza e as nosas historias”
    Redacción por Redacción
    05 de Feb, 2018
    en Galicia
    0
    A ocupación hoteleira na provincia de Pontevedra subiu catro puntos en xaneiro

    A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada do deputado de Turismo, Santos Héctor Rodríguez, da alcaldesa de Cambados, Fátima Abal, dos alcaldes de Arbo, Horacio Gil, do Grove, José Cacabelos, de Lalín, Rafael Cuíña, e de Vilagarcía de Arousa, Alberto Varela, así como da tenente de alcaldía de Baiona, María Iglesias e da concelleira de Cultura e Turismo de Ponteareas, Hortensia Bautista, deron a coñecer este luns as festas de interese turístico nacional e internacional que se celebran ao longo do ano na provincia de Pontevedra. Así, hoxe foron protagonistas da promoción da Deputación de Pontevedra as festas de interese turístico internacional da Arribada de Baiona, o Corpus Christi de Ponteareas, a Rapa das Bestas de Sabucedo na Estrada e a Romería Vikinga de Catoira así como as festas de interese turístico nacional do Cocido de Lalín, da Lamprea de Arbo, do Albariño de Cambados, da Auga de Vilagarcía de Arousa e do Marisco do Grove.

    Silva destacou que “xuntos e xuntas somos máis fortes e dar unha imaxe de provincia é moi relevante para o conxunto deste territorio pero tamén para cada un dos concellos onde se celebran festas de interese turístico nacional e internacional que nos identifican, que falan da nosa autenticidade e teñen un valor moi importante para a atracción do turismo que queremos na provincia”. Ao respecto, a presidenta da Deputación destacou que “queremos un turismo desestacionalizado e estas festas que hoxe promovemos desenvólvense ao longo de todo o ano, converténdose en elementos fundamentais para atraer a visitantes que cada vez buscan máis cultura, gastronomía de excelencia, paisaxe, natureza e as nosas historias”.

    A presidenta da Deputación de Pontevedra recordou que “en FITUR presentábamos a nosa aposta deste ano co lema de “Somos historias”: historias que se foron construíndo ao longo do séculos e que hoxe seguen vivas en moitas das accións, en moitas das festas que se desenvolven nos 61 concellos da provincia”. E xunto a esta promoción, Silva tamén destacou que o Plan Estratéxico de Turismo, aprobado fai un mes, establece que “as festas son un produto estratéxico sobre o que é preciso facer fincapé e poñer en valor como marca singular, como eixo que debemos promover conxuntamente”.

    Sobre as festas que se presentaron esta mañá, Silva destacou a súa capacidade para enxalzar a gastronomía da provincia de Pontevedra, “extraordinaria, secular, que se basea en que temos os mellores produtos do mundo, desde o porco, ata o ganado vacún, os mariscos, os peixes, a lamprea, ata os mellores viños do mundo”. E, xunto á gastronomía, a presidenta da Deputación tamén destacou que as festas recollen a cultura e historia ancestral da provincia de Pontevedra e a grande capacidade das veciñas e veciños da mesma. Neste eido, destacou a “fermosa arte efémera de Ponteareas”, así como “o fito extraordinario da chegada da carabela Pinta a Baiona coa nova do descubrimento de América”, a “Romaría Vikinga, que converte á Catoira e á provincia no corazón da cultura vikinga do mundo” e “a Rapa das Bestas de Sabucedo, fotografada polos mellores fotógrafos do mundo”.

    Carmela Silva tivo tamén palabras para o compromiso da xente que se implica na organización destas festas. “Quero recordar a Juan Carlos Bugallo, falecido recentemente, un dos aloitadores máis recoñecidos que amais era a alma da festa, así como a toda a xente da nosa terra que co seu traballo e compromiso fan que o que somos nós de verdade, a nosa autenticidade, sega manténdose viva xeración tras xeración, século tras século”.

    Os alcaldes e alcaldesas, así como representantes municipais das vilas nas que se celebran festas de interese turístico nacional e internacional tiveron a oportunidade de dar a coñecer as principais características das festas. Así, o alcalde de Lalín, Rafael Cuíña, enxalzou a Feira do Cocido “a grande festa do inverno galego, que onte celebrou as súas bodas de ouro e na que estamos a traballar arreo para que axiña sexa declarada de interese turístico internacional”. Pola súa banda, o alcalde de Arbo, Horacio Gil, deu a coñecer a Festa da Lamprea, que naceu no 1961 co obxectivo de “dar a coñecer a lamprea e a nosa gastronomía como un feito de relevancia económica”.

    A alcaldesa de Cambados, Fátima Abal, puxo en valor a Festa do Albariño “a festa do viño máis antiga de Galicia e a segunda de toda España, que neste 2018 celebra a súa 66 edición e que congrega en Cambados a máis de 200.000 persoas, con rexistros de vendas de máis de 90.000 botellas nos últimos 5 anos”.

    A festa de San Roque, a festa da auga de Vilagarcía, foi tamén protagonista desta presentación conxunta organizada pola Deputación de Pontevedra. Neste caso, o alcalde Alberto Varela puxo en valor o atractivo do evento, “que congrega a 40.000 persoas nas rúas da vila” e agradeceu á Deputación esta oportunidade de “sacar músculo, de dar conta de que Rías Baixas ten durante todo o ano milleiros de actividades para gozar da provincia”.

    Pola súa banda, o alcalde do Grove, José Cacabelos destacou os máis de “55 anos da Festa do Marisco que naceu para potenciar os dous sectores máis importantes da vila: o mar e a hostelería”. Cacabelos puxo en valor o compromiso do concello coa Festa, á que destina o 6% do orzamento e que este ano vai presentar en Dublín.

    No caso das festas de interese turístico internacional, a primeira en celebrarse é a Festa da Arribada de Baiona, entre o 2 e o 4 de marzo. Neste eido, a tenente de alcaldía de Baiona, María Iglesias, destacou que “a Arribada da conta da historia da chegada da Pinta a Baiona coa nova do descubrimento de América e, para elo, o concello programa desde actividades teatrais, ata mostras etnográficas, venda de produtos artesanais e gastronómicos, etc”.

    Xunto con Baiona, tamén se presentou a Festa do Corpus Christi de Ponteareas na que, segundo a concelleira de Cultura e Turismo, Hortensia Bautista, “se enxalza a vista, o olfato e o tacto a través de alfombras florais cheas de arte efémero que se estenden ao longo dun quilómetro e supoñen case 5.000 metros cadrados de flores”.

    A presidenta da Deputación de Pontevedra agradeceu o compromiso dos alcaldes e alcaldesas da provincia, “que fan un traballo extraordinario e son moi conscientes da importancia do turismo como un sector moi produtivo para fomentar o crecemento económico, o emprego, apostando polo turismo de calidade e a excelencia”. Ao respecto Silva destacou que “non queremos masificar a provincia, queremos que o turismo sexa un sector produtivo de longo percorrido, de calidade porque isto é o que fará que sexamos capaces de seguir dicindo que vivimos nun paraíso e que o paraíso hai que coidalo para seguir tendo un turismo sustentable”.

     

    Datos de ocupación hoteleira. Xaneiro 2018
    Carmela Silva amosou a súa satisfacción polas actuacións promocionais desenvolvidas para dar a coñecer a provincia de Pontevedra. “Estamos indo no camiño correcto, non soamente promovendo o sol e a praia, que son produtos consolidados nos que tamén seguiremos traballando, senón dando a coñecer experiencias diferentes que se poden vivir na nosa provincia”.

    A presidenta provincial deu a coñecer os datos relativos á ocupación hoteleira rexistrada en xaneiro de 2018 e que sitúan a porcentaxe no 32%, 4 puntos máis que o acadado en xaneiro de 2017. “O 2017 foi un ano récord, un ano excepcional en canto a número de visitantes e este 2018 está comezando mellor, con cifras superiores ás acadadas no 2017 e iso pese a ter en conta que o 30% dos hoteis estiveron pechados”, declarou Silva.

    Máis polo miúdo, a presidenta da Deputación de Pontevedra informou que a comarca do Deza e Tabeirós-Terra de Montes tivo unha ocupación do 50% (5 puntos máis que en xaneiro do 2017), Vigo do 46% (8 puntos máis que no 2017), Pontevedra do 32% (6 puntos máis), O Morrazo do 20% (8 puntos máis), Caldas do 20% e O Baixo Miño e O Condado e A Paradanta por riba do 17% (7 puntos máis que en xaneiro do 2017).

    Pola súa banda, Carmela Silva tamén deu a coñecer o perfil dos visitantes que chegaron á provincia de Pontevedra en xaneiro deste ano. “Son maioritariamente españolas (80%) de Madrid, Barcelona, Granada, Badaxoz, Baleares e Cidade Real. En canto ás persoas que chegan do estranxeiro destacan as que proceden de Portugal, Arxentina, Brasil e Francia”.

    A maioría das persoas visitantes teñen entre 35 e 60 anos (41%), en hoteis (70%) e durante 4-6 días e que acoden á nosa provincia motivados pola cultura e o ocio sendo os lugares máis visitados as comarcas de Vigo e Pontevedra e o concello do Grove. Amais, o 70% das persoas que nos visitaron non tiñan estado na provincia antes.

    43

    RelacionadosArtículos

    Carla Simón lleva Vigo a Cannes con su ‘Romería’
    Cine

    Dos películas rodadas en Vigo y su área, de camino a los Goya

    13 de Ene, 2026
    Detenidas 5 personas tras el hallazgo de 200 kilos de cocaína en un contenedor en el Puerto de Vigo
    Sucesos

    Detenidas 5 personas tras el hallazgo de 200 kilos de cocaína en un contenedor en el Puerto de Vigo

    13 de Ene, 2026
    Local

    Piden a la Xunta «garantías reales» para proteger el Olivo ante la prolongación del túnel de Elduayen

    13 de Ene, 2026
    Urbanismo exige el derribo definitivo de un local que acogió un famoso asador cultural de Vigo
    Local

    Urbanismo exige el derribo definitivo de un local que acogió un famoso asador cultural de Vigo

    13 de Ene, 2026
    Metalships toma impulso con cuatro grandes buques en reparación y un quinto para construir
    Marítima

    El naval de Vigo pone rumbo a Indonesia

    13 de Ene, 2026
    CC.OO. critica que CIG y UGT “claudicasen ante la patronal” al firmar el convenio provincial del metal
    Economía

    Reducir jornada y recuperar poder adquisitivo: se inicia en Vigo la negociación del nuevo convenio del metal

    13 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    Caballero gasta 22.000 euros en luces y sonido para «proyectar imagen de transparencia» en las ruedas de prensa

    Caballero gasta 22.000 euros en luces y sonido para «proyectar imagen de transparencia» en las ruedas de prensa

    por Redacción
    12 de Ene, 2026
    0

    Una conocida empresa local ejecutará una nueva urbanización y mirador a la Ría de Vigo

    Una conocida empresa local ejecutará una nueva urbanización y mirador a la Ría de Vigo

    por Redacción
    07 de Ene, 2026
    0

    Uno de los mejores bocadillos de Galicia cambia de ubicación

    Uno de los mejores bocadillos de Galicia cambia de ubicación

    por David Augusto
    10 de Ene, 2026
    0

    Nueva fase para Barrio do Cura: sin obstáculos para construir ya el parking público de 300 plazas

    Nueva fase para Barrio do Cura: sin obstáculos para construir ya el parking público de 300 plazas

    por María Alonso
    09 de Ene, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Rúa Xulián Estévez
    Más Vigo

    Rúa Xulián Estévez

    La fotografía muestra una parte de la Rúa Xulián Estévez, en el barrio de Teis, en la ciudad de Vigo....

    por Julio Alonso
    13 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo
    Más Vigo

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo

    El puerto de Vigo fue tras la Segunda Guerra Mundial un lugar de evacuación de fugitivos nazis. La España de...

    por Eduardo Rolland
    25 de May, 2024

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Bernardo Alfageme: de Zamora a Vigo con escala en Candás
    Más Vigo

    Bernardo Alfageme: de Zamora a Vigo con escala en Candás

    Bernardo Alfageme Pérez era un zamorano que pronto se dedicó al comercio entre su tierra y la costa asturiana. Compraba...

    por Fernando Torres Carbajo
    21 de Feb, 2015

    LIBROS

    Cultura

    «Esencia» de Sergio López Vidal, tercer premio del I Certamen de Relatos de VigoÉ

    Sergio López Vidal ha recibido el tercer premio del I Certamen Literario de Relato Corto de VigoÉ con su relato «Esencia». Como...

    por Redacción
    12 de Ene, 2026

    OPINIÓN

    La comunidad venezolana sale a la calle en Vigo en solidaridad con María Corina Machado
    Opinión

    La cola del consulado (II)

    En mayo de 2023 publiqué en esta misma casa un artículo titulado "La cola del consulado". En el mismo narraba...

    por Fernando Torres Carbajo
    05 de Ene, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR