• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    miércoles, 14 de enero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    Turismo Rías Baixas

    A Deputación prevé este verán unha ocupación hoteleira en Vigo do 80%

    Carmela Silva subliñou que “a falta de reservas de última hora, que seguramente incrementen a porcentaxe, desde Turismo Rías Baixas estímase unha ocupación media provincial superior ó 72% en xullo e 84% en agosto”
    Redacción por Redacción
    07 de Jul, 2016
    en Galicia
    0

    Os datos que manexa a Deputación de Pontevedra aseguran que “a ocupación nas Rías Baixas durante este verán será 10 puntos por riba da media galega e superará ata nun 5% os resultados do ano anterior”, segundo informou a presidenta. Carmela Silva tamén recordou que “esta tendencia alcista xa se podía visualizar cos resultados do INE, correspondentes os primeiros cinco meses do ano, que sinalan un incremento do 9,6% nas pernoctacións en establecementos hoteleiros das Rías Baixas, tres puntos por riba dos resultados de Galicia”.

    A presidenta da Deputación de Pontevedra facilitou a previsión de ocupación hoteleira que Turismo Rías Baixas estima para as comarcas destacando que no Salnés a media para o verán sitúase no 77,5% aínda que concellos como Sanxenxo terán unha ocupación por riba do 80% ou Cambados acadando o 100% en datas concretas como a fin de semana do Albariño.

    A comarca de Pontevedra, segundo Turismo Rías Baixas, terá unha ocupación media durante o verán do 70%. Neste caso, a presidenta subliñou que “os eventos deportivos, como o Campionato de Europa de Piragüismo supuxeron que os establecementos hoteleiros estivesen ó 100% no primeiro fin de semana de xullo”.

    No caso da comarca do Morrazo, o organismo da Deputación de Pontevedra estima unha ocupación media do 100% e en Caldas do 50%. Pola súa banda, prevese que a comarca de Vigo teña unha ocupación do 80%. Ó respecto, Silva subliñou que “o ano 2015, ano record para a cidade olívica, rexistrou 607.000 noites de hotel en Vigo o que lle valeu para ser catalogada como municipio turístico incrementando ata un 20% con respecto ó ano anterior o número de visitantes”.

    Pola súa banda, estímase unha ocupación media para o verán no Baixo Miño do 91%, no Condado/A Paradanta do 75% e en Deza e Terra de Montes do 77,5%. 

    No que respecta ó turismo rural, a presidenta da Deputación de Pontevedra manifestou que Turismo Rías Baixas manexa datos que sinalan que “a ocupación dos establecementos de turismo rural se situará no 66%” e informou que o propio Presidente da Federación Galega de Turismo Rural sinala que espera un 15% máis de reservas que no ano 2015.

    Silva tamén subliñou que se agarda un maior número de visitantes, en concreto, “un 21,2% máis en Deza e Tabeirós, un 12% máis en Vigo, Baixo Miño e o sur da provincia, un 11% máis no Salnés e un 4% máis en Pontevedra”. Amais, Silva recordou que, segundo os datos do INE, “nos primeiros cinco meses do ano as Rías Baixas recibiron un 8% máis de visitantes que no 2015, un total de 240.000, a meirande parte procedentes de Galicia (37%), Madrid (14%), Castela e León (8%), Cataluña (7%) e Asturias (5%) sendo, o 15% turistas estranxeiros”.

    No correspondente á incidencia do emprego no sector turístico, Carmela Silva deu a coñecer que “grazas á liña 4 do Plan Concellos, xa distribuída ó 100%, 11 persoas están a traballar en 6 concellos da provincia (Redondela, Salvaterra, Cambados, Lalín, Meaño e Poio) para atender ós turistas que visiten as Rías Baixas”. Amais, dende o 1 de xuño, 20 persoas graduadas en turismo e co ciclo superior en animación sociocultural e turística están a realizar a súa primeira experiencia profesional, no marco do Plan de Práctica Laboral da institución provincial, en Baiona, Bueu, As Neves, Redondela, Vilaboa, A Illa de Arousa, Caldas de Reis, Mos, Nigrán, A Guarda, Tui, O Grove, Mondariz e Cerdedo. Pola súa banda, 14 persoas recibiron unha bolsa de Turismo Rías Baixas para graduadas en turismo ou co ciclo formativo en turismo e, dende o 15 de xuño e durante toda a temporada de verán, están a atender as oficinas de turismo de Cangas, Sanxenxo, Silleda, Moaña, Vilagarcía, Marín, A Illa, Nigrán, Ribadumia, Soutomaior, Meis, Vilanova e O Grove.

    A presidenta da Deputación subliñou que “durante estes meses lideramos numerosas actuacións para captar un maior número de turistas, que xa estamos a ver polos bos resultados que están a acadar as nosas oficinas de turismo, que agardan pechar a temporada cun incremento de 13 puntos no número de visitantes”. Neste contexto, Silva recordou as actuacións que desde Turismo Rías Baixas se están a levar a cabo para potenciar e fomentar o turismo na provincia de Pontevedra: “Comezamos en Fitur, coa presentación da ruta arquitectónica para descubrir as Rías Baixas; continuamos no Espazo Atlántico de Pepe Solla en Madrid para dar a coñecer as “62 razóns para visitar Rías Baixas”; seguimos no Festival de Cinema de Málaga, onde se proxectou a primeira longametraxe documental sobre a gastronomía galega “Cociñando no fin do mundo”, patrocinada pola Deputación de Pontevedra; e levamos os sete festivais musicais das Rías Baixas ata Oporto, con grande acollida na prensa portuguesa, autónomica e nacional así como en redes sociais”.

    Amais, e tal e como destacou Carmela Silva, “estamos a realizar accións promocionais en Renfe, en revistas a bordo de compañías áereas que operan desde Vigo, en mupis instalados nas rúas das principais ciudades de España, no programa A3Musica de A3Media que está distribuíndo a nivel estatal e en Iberoamérica un spot promocional do destino Rías Baixas, impulsando o streaming do Marisquiño, organizando press trip con xornalistas, en concreto cun grupo de xaponeses que visitarán o festival SinSal, promovendo as festas de interese turístico, colaborando coa adega Terras Gauda na promoción realizada co club de viños do Corte Inglés e realizando campañas publicitarias en revistas e webs especializadas como Conde Nast, National Geographic, Hola Viaxes, minube ou rumbo”.

    Tamén subliñou o importante papel que están desempeñando as redes sociais para divulgar as Rías Baixas, destacando datos como as 362.318 persoas que viron en Facebook o vídeo dos festivais Rías Baixas ou o papel que están a realizar os artistas que participan nos festivais. Así, Silva puxo como exemplo a “José González, con máis de 23.000 fans, que falou en Twitter da súa estancia nas Rías Baixas e colgou en Instagram fotografías do noso destino, contribuíndo de xeito totalmente desinteresado a promover Rías Baixas ante milleiros de persoas”. Neste contexto, a Presidenta da Deputación adiantou que “estamos a valorar a posibilidade de realizar algún tipo de actuación ó finalizar os festivais con estes artistas e influencers”.

    Estas actuacións, segundo Carmela Silva, “son fundamentais para intentar que o turismo, un dos motores económicos na nosa comunidade, que representa o 11% do PIB galego e máis de 100.000 postos de traballo, sega a ser un sector líder que contribúa ó desenvolvemento económico da provincia de Pontevedra”.

    43

    RelacionadosArtículos

    15 años de cárcel por asesinar a cuchilladas al hombre con el que compartía piso en Vigo
    Local

    15 años de cárcel por asesinar a cuchilladas al hombre con el que compartía piso en Vigo

    14 de Ene, 2026
    Porriño inicia los trámites para invitar al Papa León XIV con motivo del Xacobeo 2027
    O Porriño

    Porriño inicia los trámites para invitar al Papa León XIV con motivo del Xacobeo 2027

    14 de Ene, 2026
    Detenido en Vigo por agredir a su madre y amenazar a su hermano
    Local

    Detenido en el centro de Vigo un joven de 19 años tras apuñalar a otro durante una discusión

    14 de Ene, 2026
    Tres concellos se unen para blindar la frontera del Miño
    Paradanta

    Tres concellos se unen para blindar la frontera del Miño

    14 de Ene, 2026
    Un novela viguesa nos lleva a México para revivir la historia de Massó
    Libros

    Xaime Fandiño desentraña el misterio de ‘Contubernio Picacho’ en Moaña

    14 de Ene, 2026
    Nuevo frenazo al proyecto de la Panificadora: el Concello, obligado a dar marcha atrás por un error legal
    Local

    Nuevo frenazo al proyecto de la Panificadora: el Concello, obligado a dar marcha atrás por un error legal

    14 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    Caballero gasta 22.000 euros en luces y sonido para «proyectar imagen de transparencia» en las ruedas de prensa

    Caballero gasta 22.000 euros en luces y sonido para «proyectar imagen de transparencia» en las ruedas de prensa

    por Redacción
    12 de Ene, 2026
    0

    Urbanismo exige el derribo definitivo de un local que acogió un famoso asador cultural de Vigo

    Urbanismo exige el derribo definitivo de un local que acogió un famoso asador cultural de Vigo

    por Redacción
    13 de Ene, 2026
    0

    Una conocida empresa local ejecutará una nueva urbanización y mirador a la Ría de Vigo

    Una conocida empresa local ejecutará una nueva urbanización y mirador a la Ría de Vigo

    por Redacción
    07 de Ene, 2026
    0

    Uno de los mejores bocadillos de Galicia cambia de ubicación

    Uno de los mejores bocadillos de Galicia cambia de ubicación

    por David Augusto
    10 de Ene, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Colaboración entre Concello de Vigo y Deputación
    Más Vigo

    Colaboración entre Concello de Vigo y Deputación

    Estas obras corresponden a la conexión entre la Rúa Marqués de Valterra y la Rúa Torrecedeira a través de la...

    por Julio Alonso
    14 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo
    Más Vigo

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo

    El puerto de Vigo fue tras la Segunda Guerra Mundial un lugar de evacuación de fugitivos nazis. La España de...

    por Eduardo Rolland
    25 de May, 2024

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Bernardo Alfageme: de Zamora a Vigo con escala en Candás
    Más Vigo

    Bernardo Alfageme: de Zamora a Vigo con escala en Candás

    Bernardo Alfageme Pérez era un zamorano que pronto se dedicó al comercio entre su tierra y la costa asturiana. Compraba...

    por Fernando Torres Carbajo
    21 de Feb, 2015

    LIBROS

    Un novela viguesa nos lleva a México para revivir la historia de Massó
    Libros

    Xaime Fandiño desentraña el misterio de ‘Contubernio Picacho’ en Moaña

    La literatura gallega contemporánea se detiene este jueves en el corazón de O Morrazo para explorar las fronteras entre la...

    por Redacción
    14 de Ene, 2026

    OPINIÓN

    La comunidad venezolana sale a la calle en Vigo en solidaridad con María Corina Machado
    Opinión

    La cola del consulado (II)

    En mayo de 2023 publiqué en esta misma casa un artículo titulado "La cola del consulado". En el mismo narraba...

    por Fernando Torres Carbajo
    05 de Ene, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR