• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    miércoles, 14 de enero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    A campaña «Somos Historias» acadou unha «acollida espectacular» en Fitur

    O hashtag #SomosHistorias acadou catro millóns de visualizacións en Twitter
    Redacción por Redacción
    19 de Ene, 2018
    en Galicia
    0
    A campaña «Somos Historias» acadou unha «acollida espectacular» en Fitur

    Con satisfacción e con humildade, asegurou, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, que fixo este venres balance da presenza da institución provincial no marco de Fitur, onde se presentou a nova campaña de promoción do destino Rías Baixas. Baixo o nome de “Somos Historias”, a Deputación de Pontevedra pon en valor o patrimonio da provincia co fío condutor da figura de María Vinyals.

    Carmela Silva asegurou que “estamos gratamente sorprendidas e sorprendidos polo que aconteceu en Fitur, fomos unha vez máis a presentación que tivo máis asistencia de todas as desa mañá”. Ademais, sinalou a Presidenta provincial, “a curtametraxe non deixou indiferente a ninguén. É unha peza marabillosa, cinematográfica, que esperta as emocións”. Isto, afirmou Carmela Silva, “é o que pretendíamos”. O vídeo de “Somos Historias” foi “unha avalancha de emocións que vai dar a volta a toda a provincia e todo o mundo, porque o imos mover moito”. E igual resultado tivo a caixa-agasallo que se lle entregou ás persoas asistentes, que contiña “un caderno de viaxe coa imaxe do Castelo de Soutomaior e unha frase de María Vinyals que fala da fermosura da nosa provincia”. Este agasallo contiña, ademais do caderno, “nubes e galletas feitas con camelia”, un proxecto elaborado polo alumnado do CIFP Carlos Oroza, A Granxa de Ponteareas e o IES Montecelo de Pontevedra.

    “En Fitur estivemos en constante contacto co sector turístico, tanto con empresas privadas como cos concellos da nosa provincia”, sinalou Carmela Silva, que lembrou a presenza da institución provincial nas presentacións de Pontevedra (cos campionatos multideportivos), Vigo (Illas Cíes Patrimonio da Humanidade da Unesco), Baiona (a Festa da Arribada), Lalín (a Feira do Cocido), a Rapa das Bestas de Sabucedo e a Mancomunidade do Salnés (este ano coa Illa de Arousa como protagonista).

    En canto ás reunións de traballo, a Presidenta da Deputación de Pontevedra confirmou que a institución provincial comezou a preparar a Asemblea Nacional da Ruta dos Fenicios que acollerá a provincia en novembro, “mantivemos unha xuntanza de traballo coas delegacións provinciais que compoñen esta ruta, que é un Itinerario Cultural Europeo”. Ademais, a Deputación de Pontevedra pechou “un acordo coa produtora do programa MasterChef, que esta semana comezará a buscar localizacións no Val Miñor. Deste xeito, promocionaremos Baiona, Gondomar e Nigrán nun programa de ámbito estatal que é un dos maiores éxitos de audiencia do momento. Esta é unha forma moi eficaz de chegar ao público e dar a coñecer a provincia”.

    Este non foi o único retorno televisivo, xa que “tamén establecemos acordos para que, a través doutros dous programas de televisión, poidamos promover outras comarcas e rutas, en liña coa nosa aposta deste ano de amosar a provincia de Pontevedra a través do noso extenso patrimonio”. O persoal técnico de Turismo Rías Baixas tivo “preto de 20 reunións comerciais relacionadas coa promoción publicitaria do noso destino e do uso das TIC na xestión de espazos turísticos. Podemos avanzar que trataremos da xestión de accesos e de audio-guías para o Castelo de Soutomaior”.

    Ademais, “Somos Historias” tamén foi un “éxito rotundo nas redes sociais. Se temos en conta o hashtag #SomosHistorias, soamente no día de onte os resultados foron espectaculares: estivemos preto de acadar os 3 millóns de impresións en só 24 horas e chegamos a ser trending topic en Twitter en España no momento da nosa presentación”, sinalou Carmela Silva. A iso “haille que sumar que o martes, o día que presentamos a campaña, acadamos preto de medio millón de impresións en Twitter e o mércores, con toda a repercusión mediática, outras preto de 300.000”, afirmou a Presidenta. Deste xeito, “se sumamos todos estes datos, estamos a falar de que o hashtag #SomosHistorias tivo 4 millóns de impresións en Twitter en tres días”, sinalou Carmela Silva.

    Ademais, a retransmisión en directo da presentación acadou “máis de 500 visualizacións no noso Periscope en Twitter, ademais doutras máis de 300 a través doutras redes, preto de 1.000 persoas seguiron en directo a presentación da Deputación de Pontevedra en FITUR a través das redes”, asegurou a Presidenta provincial, que tamén sinalou o bo funcionamento doutros hashtags relacionados, como #MaríaVinyals, #Soutomaior ou #RíasBaixas.

    Pola súa banda, o vídeo promocional “Somos Historias” supuxo “un récord de visitas en 24 horas das nosas canles de YouTube en toda a súa historia”, afirmou Carmela Silva, que deu conta dunhas cifras totais de preto de 20.000 visualizacións do vídeo en menos de 24 horas a través de YouTube e as redes sociais tanto de Turismo Rías Baixas como de distintos medios de comunicación que o difundiron nos seus perfís e que foron compartidas centos de veces.

    Avances na investigación sobre María Vinyals
    Carmela Silva informou sobre os últimos descubrimentos en torno á figura de María Vinyals, que está a levar a cabo a Deputación de Pontevedra e que continuará este ano. “Ata o momento pensábase que a descendencia e a familia de María Vinyals se situaba soamente en Madrid e descubrimos que non é así”, sinalou Carmela Silva. “Un día antes de partir a Madrid o noso historiador estivo en Guimarães con descendentes de Lluria, o seu segundo marido, que lle amosaron material de grande valor entre o que se atopa un caderno no que as persoas que visitaban o Castelo de Soutomaior escribían as súas apreciacións sobre o mesmo”, informou Carmela Silva, sinalando que “é máxico, emociona, e foi escrito en 1915, hai 103 anos” Este caderno, ademais de ducias de fotografías, contén “algo marabilloso que nin a familia sabía, un debuxo de Castelao na súa última páxina”.

    A Presidenta da Deputación de Pontevedra tamén informou doutros achados, como que “descubrimos que o seu fillo Roger, enterrado en Pereiró, en Vigo, está nun mausoleo que non era de ningunha das dúas familias senón dunha familia íntima amiga”, así como que “o mércores descubrimos que en Londres hai descendentes de María Vinyals que nos poderán axudar a esclarecer cuestións relativas ao final da súa vida, xa que non temos noticias dela desde 1935”. Estes achados conteñen información de Vinyals, a súa familia e diversos persoeiros do momento procedentes de toda Europa, “dá mostra da importancia da provincia de Pontevedra como centro de encontro e de debate sobre o máis relevante do que acontecía en Europa no século XIX”.

    Tamén “descubrimos nunha librería de Madrid un exemplar do libro ‘Rebelión’, de autoría de María Vinyals, do que ata o momento só sabiamos que había un e que está na Biblioteca Nacional”, asegurou Carmela Silva. “Estará exposto no Castelo de Soutomaior en canto volva abrir as súas portas”, informou.

    A Deputación de Pontevedra está a recibir “moitas felicitacións pola escolla da figura de María Vinyals, ata o punto de que na presentación de FITUR todas as mulleres e mesmo os homes nos sentiamos ela, todo o mundo nos pedía o seu libro”. Carmela Silva lembrou que “María Vinyals vai ser este ano o fío condutor para coñecer o patrimonio da provincia porque representa o orgullo da provincia, polo seu legado, que poñemos en valor, e polo carácter innovador que procuramos dar ás nosas presentacións”.
    Ademais, “estamos preparando a nosa Gala de Turismo para este ano e a presentación da campaña ‘Somos Historias’ en Madrid e Barcelona”. Deste xeito, avanzou Carmela Silva, “en Madrid buscaremos un espazo onde María Vinyals tivo un grande protagonismo como pode ser o Ateneo de Madrid, xa que foi a primeira muller en forma parte da súa directiva, ou o Círculo de Belas Artes. E escollemos tamén Barcelona xa que a súa familia, empresaria do téxtil, procedía de Cataluña”.

    “Alemanote”: a pantasma do Castelo de Soutomaior
    A presidenta da Deputación de Pontevedra puxo de manifesto que “pensábamos que o recinto histórico tiña unha eiva xa que, ao contrario que a meirande parte dos castelos que teñen lendas de pantasmas asociadas, en Soutomaior eran descoñecidas. Sen embargo descubrimos que si existe unha pantasma e xa lles adianto que o vindeiro verán terá un papel moi destacado e importante no Castelo”.

    O achado veu, tal e como informou a presidenta provincial, novamente da man de María Vinyals xa que, entre os seus escritos e documentos, relata a historia do “Alemanote”, a pantasma co que ela mesma e o seu marido convivían no Castelo de Soutomaior. Segundo informou Carmela Silva, os documentos recollen que durante a visita ao recinto de Carlos Micó, director do xornal “Los Aliados”, este atopou a soas nun salón a unha estraña personaxe á que saudou. Cando preguntou a María Vinyals se o home que acababa de saudar non almorzaría con eles, estremeceuse e preguntou se realmente o tiña visto, xa que pensaba que só o podían ver ela e o seu marido.

    A presidenta da Deputación detallou que María Vinyals pediulle a Carlos Micó que falase coa pantasma coa esperanza de que a fixera desaparecer das súas vidas. Así que Micó, en canto se topou coa figura, comezou a facerlle preguntas que puxeron de manifesto que o estraño home era de orixe alemá, nado e educado en Heidelberg, e que vivía no Castelo como preceptor do sobriño do propietario da fortaleza de anos atrás.

    Segundo consta na documentación, e tal e como informou Silva, a pantasma contoulle a Micó que cando vivía no Castelo tiña construído un laboratorio nos seus sotos e alí pasaba as súas horas, elaborando complexas fórmulas químicas que a levaron ao descubrimento dunha arma moi poderosa coa cal a Alemaña se imporían na primeira guerra mundial. Esa fórmula foi escondida por este home alemán nas paredes do Castelo e, unha vez agochada, saíu de caza cos propietarios pero nunca regresou ao Castelo xa que na cacería caeu do cabalo e morreu.

    Silva destacou que trala súa morte, e atemorizado coa angustia de que alguén puidese localizar a fórmula da súa poderosa arma, a pantasma do home alemán vagaba polo Castelo velando polos seus escritos. Para descansar tranquilo, a pantasma pediulle a Carlos Micó que atopase o documento e o destruíse e, tras obter a súa promesa, levou ata o lugar ao xornalista. Unha vez recoñecido o espazo, Micó falou con María Vinyals e con Enrique Lluria quen propuxo que un albanel abrise un oco no lugar sinalado pola pantasma. A sorpresa, segundo relatou a Presidenta, foi que en canto o albanel retirou un ladrillo apareceu un espazo oco no que estaba depositado un libro, cheo de moho. María quixo recoller o libro pero Carlos Micó, que prometera á pantasma eliminar o documento, abalanzouse sobre el para cumprir co trato. Así foi como o grupo se trasladou ao salón e, na cheminea do Castelo, queimou o libro. Dende entón, “O Alemanote”, como así a chamaban, nunca volveu aparecer.

    Ao respecto, a Presidenta da Deputación de Pontevedra amosou o seu desexo de que o pantasma regrese ao Castelo. “Estamos facendo todos os esforzos para que volva a Soutomaior porque sería moi atractivo que a xente puidese atoparse co pantasma e dialogar con el porque, como vemos, é un pantasma co que se pode dialogar”, destacou Silva.

    43

    RelacionadosArtículos

    Carla Simón lleva Vigo a Cannes con su ‘Romería’
    Cine

    Dos películas rodadas en Vigo y su área, de camino a los Goya

    13 de Ene, 2026
    Detenidas 5 personas tras el hallazgo de 200 kilos de cocaína en un contenedor en el Puerto de Vigo
    Sucesos

    Detenidas 5 personas tras el hallazgo de 200 kilos de cocaína en un contenedor en el Puerto de Vigo

    13 de Ene, 2026
    Local

    Piden a la Xunta «garantías reales» para proteger el Olivo ante la prolongación del túnel de Elduayen

    13 de Ene, 2026
    Urbanismo exige el derribo definitivo de un local que acogió un famoso asador cultural de Vigo
    Local

    Urbanismo exige el derribo definitivo de un local que acogió un famoso asador cultural de Vigo

    13 de Ene, 2026
    Metalships toma impulso con cuatro grandes buques en reparación y un quinto para construir
    Marítima

    El naval de Vigo pone rumbo a Indonesia

    13 de Ene, 2026
    CC.OO. critica que CIG y UGT “claudicasen ante la patronal” al firmar el convenio provincial del metal
    Economía

    Reducir jornada y recuperar poder adquisitivo: se inicia en Vigo la negociación del nuevo convenio del metal

    13 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    Caballero gasta 22.000 euros en luces y sonido para «proyectar imagen de transparencia» en las ruedas de prensa

    Caballero gasta 22.000 euros en luces y sonido para «proyectar imagen de transparencia» en las ruedas de prensa

    por Redacción
    12 de Ene, 2026
    0

    Una conocida empresa local ejecutará una nueva urbanización y mirador a la Ría de Vigo

    Una conocida empresa local ejecutará una nueva urbanización y mirador a la Ría de Vigo

    por Redacción
    07 de Ene, 2026
    0

    Uno de los mejores bocadillos de Galicia cambia de ubicación

    Uno de los mejores bocadillos de Galicia cambia de ubicación

    por David Augusto
    10 de Ene, 2026
    0

    Nueva fase para Barrio do Cura: sin obstáculos para construir ya el parking público de 300 plazas

    Nueva fase para Barrio do Cura: sin obstáculos para construir ya el parking público de 300 plazas

    por María Alonso
    09 de Ene, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Rúa Xulián Estévez
    Más Vigo

    Rúa Xulián Estévez

    La fotografía muestra una parte de la Rúa Xulián Estévez, en el barrio de Teis, en la ciudad de Vigo....

    por Julio Alonso
    13 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo
    Más Vigo

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo

    El puerto de Vigo fue tras la Segunda Guerra Mundial un lugar de evacuación de fugitivos nazis. La España de...

    por Eduardo Rolland
    25 de May, 2024

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Bernardo Alfageme: de Zamora a Vigo con escala en Candás
    Más Vigo

    Bernardo Alfageme: de Zamora a Vigo con escala en Candás

    Bernardo Alfageme Pérez era un zamorano que pronto se dedicó al comercio entre su tierra y la costa asturiana. Compraba...

    por Fernando Torres Carbajo
    21 de Feb, 2015

    LIBROS

    Cultura

    «Esencia» de Sergio López Vidal, tercer premio del I Certamen de Relatos de VigoÉ

    Sergio López Vidal ha recibido el tercer premio del I Certamen Literario de Relato Corto de VigoÉ con su relato «Esencia». Como...

    por Redacción
    12 de Ene, 2026

    OPINIÓN

    La comunidad venezolana sale a la calle en Vigo en solidaridad con María Corina Machado
    Opinión

    La cola del consulado (II)

    En mayo de 2023 publiqué en esta misma casa un artículo titulado "La cola del consulado". En el mismo narraba...

    por Fernando Torres Carbajo
    05 de Ene, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR