16062019Dom
Última edición: Dom, 16 Jun 2019 12pm

Nigrán organiza unha excursión á estación de esquí de Alto Campoo

O prazo de inscrición ábrese este venres. O paquete inclúe transporte, dúas noites de hotel, comidas e ‘forfait’ con seguro

10 Enero 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
A estación de esquí cántabra. / Foto: altocampoo.com A estación de esquí cántabra. / Foto: altocampoo.com

O Concello de Nigrán organiza unha excursión á estación de esquí de Alto Campoo (Cantabria) do 8 ao 10 de febreiro e cuxo prazo de inscrición abre este venres. O importe da viaxe é de 125 euros para nenos de ata 12 anos e 160 euros para o resto.

O prezo inclúe transporte en autobús, dúas noites en hotel de tres estrelas, almorzo e ceas no hotel, comidas a pé de pista e dous días de ‘forfait’ con seguro. De xeito opcional ofrécense clases de esquí (32 euros) e aluguer do equipo (nenos 26 euros e adultos 38 euros).

O programa consta de chegada a Alto Campoo, reparto de habitacións e cea o día 8; almorzo, esquí, comida a pé de pista, regreso ao hotel e cea o día 9; almorzo, mañá de esquí, comida a pé de pista e regreso a Nigrán o día 10.

Os interesados poden inscribirse dende o 11 de xaneiro ao 5 de febreiro na Oficina de Información Cidadá do Concello de Nigrán de 9:00 a 14:00 horas.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

reconocimiento

sucesos

VIGO

gastronomía

celta

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos