16122018Dom
Última edición: Dom, 16 Dic 2018 9pm

O ‘workshop’ turístico de Barcelona pecha acordos para a provincia tras xerar unha ducia de encontros directos

A Deputación foi convidada a participar no vindeiro Fórum Gastronómico, que se vai desenvolver na Coruña en marzo de 2019

30 Noviembre 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
Silva, no Born de Barcelona, onde tomou ideas respecto aos novos proxectos de musealización e posta en valor do patrimonio. / Foto: Deputación de Pontevedra Silva, no Born de Barcelona, onde tomou ideas respecto aos novos proxectos de musealización e posta en valor do patrimonio. / Foto: Deputación de Pontevedra

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, e o presidente do Clúster de Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal, fixeron balance este venres do ‘workshop’ realizado esta semana en Barcelona por parte da institución provincial e do sector turístico da provincia.

“É a primeira vez que a Deputación realizou un evento coma este co sector fóra da provincia, pero acertamos de cheo, xa que foi un éxito rotundo. Entendemos que a cooperación e o traballo conxunto entre a administración e sector privado son a clave para potenciar o noso destino”, dixo Silva.

A presidenta explicou que a estratexia de traballo ten que ser bidireccional, “da Deputación ao Clúster, e do Clúster á Deputación. É fundamental sumar sinerxias para que o sector turístico sexa máis potente, máis forte, con máis capacidade de innovar e de posicionarse. Estar do lado do sector é garantía de éxito”.

Resaltou Silva que o ‘workshop’ de Barcelona foi unha boa mostra de que esta cooperación funciona, “estiveron 55 empresas e 12 blogueiros e medios especializados, que acudiron á cita con 25 empresas pontevedresas. Xeráronse máis de doce encontros directos e xa podemos dicir que hai empresas que, a día de hoxe, xa teñen acordos pechados”.

Tanto Silva como Pardal salientaron que este só foi o punto de partida, xa que a partir de agora vanse desenvolver máis iniciativas man a man entre Administración e sector para potenciar o destino Rías Baixas. Adiantaron que a próxima semana vai ter lugar unha sesión de avaliación do Clúster e de Turismo Rías Baixas para facer unha valoración máis detallada dos e das participantes do ‘workshop’ en Barcelona, así como suxestións de cara a futuras iniciativas.

“Con esta acción pechamos o ano de promoción, pero o seu grande éxito é un aliciente para seguir avanzando nesta colaboración público-privada porque o obxectivo, tanto da Deputación como do Clúster, é atraer un turismo sostible, de calidade, desestacionalizado, non só da costa senón tamén do interior, e ademais, cunha aposta forte pola intercionalización”, dixo a presidenta, quen engadiu que un dos próximos obxectivos é programar accións similares nalgunha cidade europea que teña conexión directa con Vigo, “unha elección que debe propor o sector”.

A presidenta provincial agradeceu o traballo e o bo facer do Clúster, “temos un sector moi potente, temos empresarios e empresarias que non só buscan o beneficio económico, como é lóxico, senón que tamén están comprometidos e comprometidas co territorio e coa nosa provincia”.

Salientou ademais os destacados retornos en redes que obtivo o ‘workshop’ de Barcelona. A súa retransmisión en directo foi vista por máis de 400 persoas en só 24 horas, “en Twitter tivemos un alcance de máis de 3.000 usuarios e usuarias e os chíos sobre o evento chegaron a máis de 133.000 contas e cun impacto de visualizacións de case medio millón”.

Pola súa banda, Pardal, agradeceu o traballo realizado dende a Deputación con iniciativas como esta en Barcelona, “onde quedou xente fóra sen poder ir, debido á enorme demanda que tivemos. E o traballo alí feito xa está dando os seus froitos con temas xa pechados de cara a Semana Santa e á tempada estival”. Pardal coincidiu coa presidenta Silva en que a cooperación público-privada é a clave para potenciar o destino Rías Baixas, “animamos a seguir facendo as cousas así. Este é o camiño correcto e ogallá  outras deputacións comecen a traballar no mesmo sentido”.

Fórum Gastronómico
Silva tamén adiantou que en Barcelona se pechou o acordo para que a Deputación participe no vindeiro Fórum Gastronómico, que se vai desenvolver na Coruña en marzo de 2019. “Será a primeira vez que participemos como Deputación e é fundamental estar aí, xa que é unha fórmula máis para poñer en valor o noso produto, a calidade dos nosos e das nosas chefs e todo o noso territorio como destino gastronómico”. 

A presidenta lembrou que se trata dun evento de grande interese mediático e de asistencia, con máis de 23.000 persoas o pasado ano, “e  o noso obxectivo é lograr que todos e todas aposten pola marca #pontevedraprovincia”.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

tráfico

sucesos

tecnología

movilidad

sanidad

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos