11122019Mié
Última edición: Mié, 11 Dic 2019 10am

xardinería

Vigo acolle a mostra "Camelia e traxe galego, unha parella perfecta"

Participan 30 cultivadores privados que amosan numerosas variedades de camelia e onde se inclúen pezas únicas de traxes do Ballet Rey de Viana

17 Noviembre 2019 por
Valora este artículo
(1 Voto)

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Corina Porro, inauguraron este sábado a exposición Camelia e traxe galego, unha parella perfecta, coa que a Xunta impulsa o potencial turístico deste recurso que, como explicaron, conta en Vigo cun escenario privilexiado.

O acto tivo lugar no Tinglado do Porto e contouse coa participación da Banda de Gaitas da provincia de Pontevedra. Púxose en valor a importancia desta mostra que se presenta cunha elegante e innovadora posta en escena que mestura un estilo industrial, luces de neón e mesmo unha simulación dun tren de lavandería do que se pode desfrutar en movemento de máis de 20 pezas singulares de traxe galego.

Destaca a combinación das diversas variedades de camelia con pezas como mantóns, panos, zapatos, capelinas, dengues, San Cosmeiros e cofias, entre outros. Ademais, como novidade, os visitantes tamén poden ver varios traxes orixinais do Ballet Rey de Viana.

Camelia e traxe galego, unha parella perfecta conta coa participación de 30 expositores de cultivadores de camelia e tamén se inclúe unha pequena mostra de té e vermú de camelia.

A exposición, que cumpre a súa quinta edición tras o seu paso o ano pasado pola cidade de Santiago de Compostela, está situada hoxe e mañá no Tinglado do Porto e pode visitarse hoxe sábado en horario de sábado de 12,45 a 20,00 horas e o domingo de 11,00 a 19,00 horas. A entrada é gratuíta.

Exposicións como esta que axudan a poñer en valor un dos recursos turísticos máis orixinais cos que conta Galicia e que é especialmente atractivo en época de tempada baixa, coincidindo coa súa máxima floración. A aposta do Goberno galego por poñer en valor este recurso turístico único visibilízase por exemplo a través de iniciativas como a Ruta da Camelia, que percorre Galicia a través de 12 pazos e xardíns e onde Vigo ten destacada presenza con parada o Parque do Castro e o Pazo Museo Quiñones de León.

Inicia sesión para enviar comentarios

medio ambiente

navidad

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos