Así, dende o Concello de Nigrán e a organización do festival faise o mellor dos balances do evento. «A mestura de cervexa, food-trucks e música en directo de grupos locais nun espazo moi atractivo resultou unha vez máis excelente. É un festival que queremos que forme parte xa da axenda de verán de cada ano en Nigrán como o Solpor; funcionou marabillosamente e así nolo trasmitiron os asistentes», resume o alcalde, Juan González, mentras que Esteban Loureiro, da firma Áncora, engade que están traballando para o ano que ven «ofrecer máis e aínda mellor».
O Concello de Nigrán estrenou este ano o Val Miñor Fest e tamén Solpor en Monteferro, dous eventos que o goberno local xa avanza que se repetirán. Ademais, este fin de semana será a cita do Vive Nigrán! no campo de Lourido, último festival do circuito Rías Baixas Fest. «Dende o goberno local apostamos por concertos ao aire libre en lugares de indubidable encanto e dirixidos a públicos de tódalas idades, o que xenera un ambiente familiar moi agradable», sinala González.
Segundo o resultado das votacións do público asistente, a cervexa favorita foi Belecker, a mellor etiqueta tamén Belecker e o mellor food-truck o de Bendita Cocina. As marcas que estiveron presentes foron Faxilda, Bubela, Santo Cristo, A cova da serpe, Trisk-Ale, Vacaloura, Belecker, Nos, Áncora, Nasa, Palecat, Saramagal e Kel´s.