“Este ano mos vincular loxicamente a nosa campaña ‘Fame de Experiencias’ que potencia a enogastronomía, pretendemos como cada ano dinamizar os mercados municipais dándolles un toque de innovación e vangarda grazas ao noso produto de excelencia e ao talento do alumnado dos prestixiosos centros Carlos Oroza de Pontevedra e Manuel Antonio de Vigo”, explicou a presidenta provincial, Carmela Silva.
En todas as actividades o alumnado dos dous centros traballará con produtos das rías e da terra para elaborar unha serie de tapas inspiradas na temática europea. Silva subliñou que “algúns pasos das tapas faranse no centros de formación o día antes ou o mesmo día antes de saír, e logo no propio mercado farase unha compra para terminalas ‘in situ’ tendo en conta o produto local”.
A primeira das quendas terá lugar no Grove, o vindeiro martes. Alí, o alumnado do Carlos Oroza levará de menú: galletas mariñeiras con paté de marisco, croquetiñas variadas de peixe e marisco e empanada de mazá da Estrada. Todas estas tapas estarán acompañadas de auga da Estrada e bellini de melocotón.
Nas posteriores paradas de ‘Degusta Europa’ as persoas que se acerquen ao seu mercado municipal poderán gozar doutras saborosas tapas como ensalada con peixe escabechado, tarta de queixo galego con marmelada de mazá, crema de caldo de cocido con lacón e chourizo, lambetada de Paté de mexillón da nosa ría, cristais de alga e pau de colín, ou pipiritapa de laconciño, crocante de pan de castañas con prebe de mar e montaña.
O programa pasará polo Grove o 2 de abril de 11.00h a 12.00h; por Bueu, o 4 de abril de 11.00h a 12.00h; por Pontevedra, o 5 de abril, de 12.00h a 13.00h; por Baiona, o 10 de abril de 11.00h a 12.00h; pola Guarda, o 11 de abril de 11.00h a 12.00h, e por Vigo, o 12 de abril de 12.00h a 13.00h”. Nas tres primeiras paradas o menú correrá a cargo do Carlos Oroza e as tres últimas do Manuel Antonio.