Abel Caballero recordou que Lalín conta cunha «fonda tradición de unión con Vigo» e as festas, como a promocionada hoxe na cidade, son exemplos deste vínculo entre ambos municipios. «Temos moitas cousas en común con Lalín», apuntou o rexedor vigués, quen abondou que «esta provincia ten un proxecto colectivo que temos que enfatizar».
Lalín promociona no entorno da Farola de Urzáiz, en Vigo, a súa edición 2016 da Feira do Cocido, que terá lugar o día 31 de xaneiro máis presenta numerosas actividades e propostas tanto antes como despois da nomeada data. O bus promocional ofrece degustacións gastronómicas ao público e unha presentación moderna e innovadora que conta coa colaboración dos novos valores da cociña lalinense.
Pola súa banda, o alcalde de Lalín, Rafael Cuiña, agradeceu as facilidades prestadas polo Concello de Vigo para a promoción da Feira, singularmente a «colaboración» do rexedor vigués para «animar» aos vigueses e viguesas a asistir.
A anécdota da presentación ocurreu cando Caballero colaborou cos cociñeiros na preparación dos pratos ante as cámaras (vídeo). «Esto es populismo, Abel», díxolle entre bromas Cuiña. A resposta, entre risas, foi afirmativa: «Sí».