Segundo explicaron desde a organización, Vigo acollerá a cervexeiros artasanais procedenetes de toda Galicia, mais na súa maioría serán da cidade e da provincia de Pontevedra. En total, case cen tipos de cervexas artesanais a degustación durante os tres días que dura a primeira edición do Birraseto Fest.
Os voceiros da Asociación Galega de Cerveceiros Artesanais informaron de que o acceso ás actividades do Festival será totalmente gratuíto e para consumir é necesario mercar un vaso conmemorativo. O Birraseto nace con vocación de continuidade e ámbito familiar, co obxectivo principal de fusionar a cervexa artesá con comida de rúa e unha ampla programación de concertos, obradoiros para os máis pequenos, catas e charlas.