Imprimir esta página

A Festa do Tinto das Rías Baixas programa catas, pinchos, unha andaina e un concerto

As Neves desenvolverá varios días de actividades, coa mirada posta tamén no público infantil

01 Octubre 2019 por
Valora este artículo
(1 Voto)
As festas celebraranse entre o 3 e o 12 de outubro. / Foto: Concello das Neves As festas celebraranse entre o 3 e o 12 de outubro. / Foto: Concello das Neves

O programa da XIV Festa do Tinto das Rías Baixas, que como cada ano ten As Neves coma escenario, empeza este xoves e seguirá, con diferentes propostas e actividades, ata o vindeiro día 12. O obxectivo é xerar ao redor desta festa unha cultura dos sabores, tanto dos propios desta cita enolóxica, coma  gastronómicos, culturais ou paisaxísticos.

Con esta idea, o 3 de outubro terá lugar unha ‘Cata-maridaxe A catro mans’ ás 21:30 horas no Restaurante Horta e Viño do Hotel Nande, cos chefs Fran Sotelino e Rui Ribeiro. O sábado, día 5, ás 16:30 horas dende a Praza do Concello partirá a ‘Andaina do Tinto Rías Baixas’, que durante dúas horas percorrerá viñedos de As Neves, completando a xornada cun ‘concerto no solpor’ e a degustación de pincho e viño da D.O. Rías Baixas no Hotel Nande.

Ese mesmo día e ata o venres desenvolverase a ‘V Ruta dos Pinchos do Tinto Rías Baixas’, na que participan os principais locais de restauración de As Neves, ofrecendo tapa e viño a un prezo de 2,5 euros.

O sábado 12 chegará o día central da cita deste ano, que empezará ás 10:30 horas coa apertura da Festa. Ás 13:00 horas a actriz e presentadora de televisión Neves Rodríguez lerá o pregón e abrirá unha xornada na que ademais do protagonismo do viño e da gastronomía, haberá música e actividades pensadas para os máis pequenos.

O programa completo e os locais que participarán na ruta de pinchos poden consultarse no arquivo adxuntado neste artigo.

Inicia sesión para enviar comentarios