14112019Jue
Última edición: Mié, 13 Nov 2019 8pm

Luis Zahera e Vudu pechan a segunda xornada da XXIX Festa da Langosta

Para a xornada do domingo a festa arrancará coa amenización musical do grupo O Trebón dos Xidos e posterior pasarrúas musical para nenos coa gamela guardesa

07 Julio 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
A XXIX edición da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira conta con 24 pratos da Cociña Mariñeira encabezados pola Langosta, que ten un prezo de 25€. / Fotos: Concello da Guarda A XXIX edición da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira conta con 24 pratos da Cociña Mariñeira encabezados pola Langosta, que ten un prezo de 25€. / Fotos: Concello da Guarda

A Guarda acolle esta fin de semana a XXIX edición da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira, un evento gastronómico que congrega a milleiros de persoas no Porto da Guarda e no que se poden degustar ademais moitos pratos da Cociña Mariñeira.

A XXIX edición da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira conta con 24 pratos da Cociña Mariñeira encabezados pola Langosta, que ten un prezo de 25€. Contase ademais con outros pratos como percebes, calamares, croquetas, empanadas, navallas, polbo, entre outros. Para a sobremesa un postre especial, a Rosca de Xema, acompañada tamén dos bos caldos da D.O Rías Baixas.

Na xornada deste sábado día 6 de xullo o grupo O Trebón dos Xidos foron os encargados da amenización musical xunto co grupo pop Os nenos rebeldes, que fixeron a súa actuación ao mediodía.

Xa pola tarde os máis cativos gozaron da festa co espectáculo de maxia de Rivel, para darpaso máis tarde á actuación do actor galego Luís Zahera co seu espectáculo «Chungo», recoñecido actor galego que foi premiado este ano co Goya ao Mellor actor de reparto. Moitos galegos o coñecimos como “Petróleo” en Mareas vivas.

NP 06072019 Luis Zahera e Vudu pecharon a segunda xornada da XXIX Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira 5Moi notable afluencia de comensais tamén nesta segunda xornada da XXIX edición da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira, onde segundo os restauradores da vila, servíronse entre 60kg. e 100kg de Langosta no primeiro día da festa.

Rematou a xornada do sábado coa actuación musical de Vudu, unha proposta musical que mistura sons tradicionais con blues e soul. Belém Trajes, esvocalista de Luar na Lubre, e Maritxinha son as voces deste grupo recoñecido como unha das propostas máis representativas do talento feminino no ámbito da música galega actual. Boa música e boa gastronomía para pechar o penúltimo día desta festa.

Para a xornada do domingo a XXIX Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira arrancará coa amenización musical do grupo O Trebón dos Xidos e posterior pasarrúas musical para nenos coa gamela guardesa. Continuará a xornada cun concerto acústico do grupo Awen. Pola tarde haberá nesta xornada inchables acuáticos para os máis cativos(en función das condicións da climatoloxía).

NP 06072019 Luis Zahera e Vudu pecharon a segunda xornada da XXIX Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira 8

Tamén pola tarde celebrarase unha actuación infantil de Pako Pakolas co seu espectáculo «Contos, Cores e Rock´n´roll».

E xa para pechar esta XXIX edición, e como ven sendo habitual, celebrarase unha noite de fados coa actuación de Os Meninos, tradición e modernidade no mundo da música portuguesa.

Inicia sesión para enviar comentarios

transporte

sucesos

virales

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos