16092019Lun
Última edición: Lun, 16 Sep 2019 2pm

Langosta, cociña mariñeira e o humor de Moncho Borrajo triunfan en A Guarda

Gran afluencia de comensais no arranque da XXIX Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira na Guarda

06 Julio 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
O alcalde e Moncho Borrajo. / Fotos: Concello da Guarda O alcalde e Moncho Borrajo. / Fotos: Concello da Guarda

A Guarda abriu este venres a XXIX edición da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira, un evento gastronómico que esta fin de semana congrega a milleiros de persoas no Porto da Guarda e no que se poden degustar ademais moitos pratos do mar.

O venres arrancou na Praza do Reló a XXIX Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira contando con Moncho Borrajo como pregoeiro. Actor, humorista e showman nacido en Ourense, foi o encargado de por o toque de humor nesta primeira xornada desta festa gastronómica coa lectura do pregón.

Tralo pregón a festa trasladouse ao Porto da Guarda coa apertura da carpa na explanada onde unha gran afluencia de comensais encheron a carpa disposta para a ocasión no Porto da Guarda, degustando os pratos da gastronomía guardesa.

A XXIX edición da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira conta esta vez con 24 pratos da Cociña Mariñeira encabezados pola Langosta, que ten un prezo de 25€. Contase ademais con outros pratos como percebes, calamares, croquetas, empanadas, navallas, polbo, entre outros. Para a sobremesa un postre especial, a Rosca de Xema, acompañada tamén dos bos caldos da D.O Rías Baixas.

NP 05072019 Gran afluencia de comensais no arranque da XXIX Festa da Langosta 3

O recoñecido cómico, Moncho Borrajo realizou a súa actuación ante o público da carpa ás 22.30h co seu último espectáculo “Borrajo perdido”. Monólogo cheo de historia, humor, tenrura e un pouco de retranca galega interactuando co público. Amosando porque él é o rei da improvisación.

Para rematar esta primeira xornada da XXIX Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira celebrouse un Serán Mariñeiro con grupos de música tradicional.

Na xornada do sábado día 6 de xullo o grupo O Trebón dos Xidos serán os encargados da amenización musical xunto co grupo pop Os nenos rebeldes en horario matutino, xa pola tarde haberá inchables acuáticos para os máis cativos e a festa continuará co espectáculo de maxia de Rivel e a actuación do actor galego Luís Zahera co seu espectáculo «Chungo», recoñecido actor galego que foi premiado este ano co Goya ao Mellor actor de reparto. Moitos galegos o coñecimos como “Petróleo” en Mareas vivas.

NP 05072019 Gran afluencia de comensais no arranque da XXIX Festa da Langosta 6

Rematará a xornada do sábado coa actuación musical de Vudu, unha proposta musical que mistura sons tradicionais con blues e soul. Belém Trajes, esvocalista de Luar na Lubre, e Maritxinha son as voces deste grupo recoñecido como unha das propostas máis representativas do talento feminino no ámbito da música galega actual.

Inicia sesión para enviar comentarios

movilidad

sucesos

medio ambiente

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos