18062019Mar
Última edición: Mar, 18 Jun 2019 10pm

Vigo degusta petiscos europeos feitos con produtos da terra

O Mercado do Progreso acolleu a derradeira parada do programa Degusta Europa, onde os alumnos do Manuel Antonio elaboraron lambetadas de paté de mexillón da ría ou pipiritapas de laconciño

12 Abril 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
Usuario do mercado proban as creacións dos alumnos do Manuel Antonio. / Foto: Deputación de Pontevedra Usuario do mercado proban as creacións dos alumnos do Manuel Antonio. / Foto: Deputación de Pontevedra

O Mercado do Progreso en Vigo acolleu este venres a sexta e última xornada do programa Degusta Europa 2019, iniciativa da Deputación de Pontevedra, programada e anual, que, ao longo deste mes de abril, levou a vangarda e a innovación gastronómica por distintos mercados e prazas de abastos da provincia. Acudiron ao peche do programa a presidenta da institución provincial, Carmela Silva, xunto ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, e os deputados provinciais Santos Héctor e Ángel Rivas.

O alumnado do Centro Manuel Antonio de Vigo foi o encargado das elaboracións gastronómicas que, partindo de sabores europeos, enxalzaron produtos locais mercados no propio Mercado do Progreso. Entre as propostas realizadas atopábanse lambetada de paté de mexillón da ría, pipiritapa de laconciño, boliche crocante de millo recheo de chopiño da Guarda e almofada de leituga baby con roxóns e requeixo das Neves.

Con Degusta Europa búscase resaltar tamén a calidade dos mercados de proximidade, “onde atopamos os produtos de quilómetro cero, produtos de enorme calidade e unha atención personalizada que non existe noutros lugares. E pechamos o programa ademais no Mercado do Progreso, no mercado máis relevante da provincia”, en palabras de Carmela Silva.

A presidenta provincial agradeceu a participación de centros coma o Manuel Antonio, onde se forman as e os mellores profesionais, “que logo prestan un servizo excelente”. Silva lembrou ademais que esta iniciativa serve para celebrar o Día de Europa, ao coincidir coa súa próxima celebración, “xa que a gastronomía é un produto para a relación humana, un instrumento para relacionarnos”.

O programa Degusta Europa 2019 inspirouse este ano na campaña turística provincial ‘Fame de Experiencias’, poñendo en valor a enogastronomía da provincia. Pasou polos mercados do Grove, Bueu, Pontevedra, Baiona, A Guarda e Vigo. Nos tres primeiros, as propostas culinarias foron elaboradas polo centro Carlos Oroza de Pontevedra e nos outros tres foi alumnado do Centro Manuel Antonio de Vigo quen se ocupou das elaboracións.degusta europa vigo 2019

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

furtivismo

festival

sucesos

celta

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos