24052019Vie
Última edición: Vie, 24 May 2019 2pm

gastronomía

Tui exalta desde esta fin de semana o meixón con racións a 55 euros

Poderase degustar en seis establecementos da cidade desde o 6 ao 29 de abril

05 Abril 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
Presentación celebrada no Club Náutico San Telmo, onde asistiron os cociñeiros dos restaurantes participantes. / Foto: Concello de Tui Presentación celebrada no Club Náutico San Telmo, onde asistiron os cociñeiros dos restaurantes participantes. / Foto: Concello de Tui

Tui mantén a súa aposta por unha festa gastronómica que resalte un produto típico da cidade coma é o meixón do río Miño, e a fai coincidir coas festas patronais na honra a San Telmo. Mantendo a liña iniciada o ano pasado dende mañá, 6 de abril, e ata o 29 deste mes, vaise celebrar en seis establecementos tudenses a Festa do Meixón.

Será ao igual que en 2018 no Asador Paulo, O Novo Cabalo Furado, Cruceiro do Monte, El Molino, e La de Manu, e este ano coma novidade incorpórase o Parador de Turismo San Telmo. Nos mesmos poderase desgustar unha ración de meixón, en cazola conmemorativa co selo que dende esta ano promocionará o festexo, con pan unha copa de viño da adega Vimbio.

Así o deu a coñecer esta mañá o alcalde, Carlos Vázquez Padín, na presentación celebrada no Club Náutico San Telmo, onde asistiron os cociñeiros dos restaurante participantes que elaboraron unha demostración do meixón tal e como se servirá durante o Festival. O produto será servido por Angulas Río Miño.

O alcalde, Carlos Vázquez Padín, destacou que se continúa coa liña iniciada en 2018 coa celebración da festa en restaurantes polas vantaxes que consideran que ten esta opción coma que “estende e prolonga a atracción de visitantes durante moito máis tempo, que se fixeramos unha festa popular”. Amais ao tratarse dun produto moi selecto, deste xeito, ao celebrarse en restaurantes, garántese que se serve cunha gran calidade.

Vázquez Padín dicía que hai que aproveitar os activos que ten a cidade, sendo o meixón un produto singular e de alto nivel. Insistiu en que o concello traballa na promoción da cidade e reforza a marca de Tui coma destino atractivo polo seu patrimonio, a súa gastronomía e a súa cultura.

Este sábado terá lugar unha nova presentación do Festival do Meixón , ás 11 h, no salón de sesións da casa do concello de Ourense.

Festa do Meixón 2019 (do sábado 6 ao luns 29 de abril)

Establecementos:
Asador Paulo - Estrada Tui-Gondomar - 986 60 42 14
Cruceiro do Monte - Cruceiro, Randufe - 986 60 75 75
El Molino - Augusto González Besada- 986 60 30 12
La de Manu - Paseo da Corredoira - 674 54 94 94
O Novo Cabalo Furado - Praza do Concello - 986 60 12 15
Parador de Turismo San Telmo - Avenida de Portugal s/n 986 60 03 00

Prezo: 55€ a ración formada por unha cazola de meixón, pan e unha copa de viño Vimbio

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

obras

sucesos

elecciones municipales

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos