18042019Jue
Última edición: Jue, 18 Abr 2019 7pm

Silva leva "Fame de experiencias" ata Fair Way de Santiago

A presidenta provincial e o actor Rubén Riós presentarán, ás 12.30 as múltiples experiencias que se poden vivir nas rutas cara Compostela pola provincia de Pontevedra

09 Febrero 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
Fotograma do trailer "Fame de experiencias" Fotograma do trailer "Fame de experiencias"

A Deputación de Pontevedra espertará este luns, ás 12.30 horas na Feira Internacional do Camiño Fair Way de Santiago a “Fame de experiencias”. Neste caso, as múltiples experiencias que se poden vivir percorrendo os Camiños cara Compostela que transcorren pola provincia, concretamente a gastronomía, o enoturismo, a cultura e a arqueoloxía, o termalismo e a camelia, serán as protagonistas dunha presentación, en palabras de Carmela Silva, “innovadora, que vai dar a coñecer unha imaxe diferente e moderna da provincia de Pontevedra”.

Silva adiantou que a presentación irá acompañada dun vídeo centrado, precisamente, neste “Camiño das experiencias, neste emoturismo ou turismo das emocións que é unha das características principais para elixir un destino e que nas Rías Baixas atopa o seu mellor lugar”. Amais, a presidenta avanzou tamén que durante o acto estará acompañada do actor galego Rubén Riós, coprotagonista da documental “Caminhos de Irmandade”. Riós vai poñer o punto nunha cuestión que, segundo destacou Silva, “sempre tratamos na Mesa do Camiño, que é a consecución dun camiño inclusivo, dunha ruta segura e accesible para que calquera persoa, independentemente das súas limitacións físicas ou intelectuais, poida vivir estas experiencias”.

Segundo informou a presidenta provincial, o obxectivo da presenza da Deputación neste evento é “colaborar co sector implicado no camiño, tanto o privado como o público, na labor de promoción e dinamización turística deste recurso. Por iso habilitamos un espazo no noso stand gratuíto para que poidan usar como centro de reunións no marco da feira”. Deste xeito, esta mesma mañá presentouse a imaxe do stand que o goberno provincial trasladará a partir do domingo ata Compostela e onde as experiencias relacionadas coa gastronomía e o enoturismo, a cultura e arqueoloxía, o termalismo e a camelia serán protagonistas.

Amais, e tamén no marco da Fair Way, a provincia está a acoller un fam trip integrado por xornalistas e hosters buyers para coñecer o Camiño Portugués pola Costa. Esta mesma mañá o grupo, integrado por persoas de España, México, Brasil, Canadá e Reino Unido, e medios “tan potentes” como o National Geographic, visitou o Castelo de Soutomaior da man da deputada de Cohesión Social e Xuventude, Digna Rivas. “E é que queremos chegar a todas partes, queremos que ,como di a canción de Coque Malla en “Campeones”, toda a cidadanía “saia a camiñar, que se poñan en movemento” porque se o Camiño é Patrimonio da Humanidade, fagamos que sexa de todos e de todas”.

A presidenta recordou que pola provincia transcorren o Camiño Portugués, o Camiño Portugués pola Costa, a Vía da Prata, o Camiño de Inverno e a Ruta do mar de Arousa. Cada unha das rutas ofrecen, en palabras de Silva, “aos peregrinos e ás peregrinas a posibilidade de desfrutar de experiencias que enriquecen a viaxe e activan os cinco sentidos. Falamos de rutas que atravesan un territorio espectacular, que espertan unha auténtica fame de experiencias e converten ás vías cara Compostela pola nosa provincia en verdadeiros camiños das experiencias”.

Silva asegurou que o goberno da Deputación leva dende o inicio da lexislatura traballando para impulsar o Camiño. Neste eido, recordou que xa no 2017 a presentación da institución provincial en Fitur centrouse en “Cruzando camiños” e que o goberno provincial creou, impulsou e lidera a Mesa Provincial do Camiño, sendo a única provincia galega cunha mesa específica do Camiño.

Datos de turismo

A presidenta da Deputación tamén amosou a súa satisfacción cos resultados presentados polo conselleiro de Turismo esta semana en Pontevedra que sinalan que a provincia é a que, cun 41%, rexistra a maior demanda de Galicia. “Estes resultados teñen que ver co esforzo que está a realizar o sector privado e con esta administración, temos feito promoción como nunca antes se fixera, temos impulsado un Plan Estratéxico de Turismo que guía a nosa actividade, moderna e diferenciada. Así que estou moi contenta por este recoñecemento, non explícito pero si implícito, que ven a dicir que na Deputación de Pontevedra estamos a facer as cousas moi ben”, declarou Carmela Silva.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

celta

ocio

rodaje

sucesos

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos