22072018Dom
Última edición: Dom, 22 Jul 2018 10am

La Carpintería representará a Vigo no concurso que busca a mellor tapa de Galicia

A final do certame de ‘De tapas por Galicia’ celebrarase o 17 de xullo cunha gala organizada por Turismo de Galicia

09 Julio 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
Rafael Pérez posa con  ‘Itsasgorri (Mar Roxo)’. / Foto: 'De tapas por Galicia' Rafael Pérez posa con ‘Itsasgorri (Mar Roxo)’. / Foto: 'De tapas por Galicia'

A unión das gastronomías de Galicia e Euskadi que ofrece Rafael Pérez Iglesias, chef de La Carpintería, repetirá participación representando a Vigo na final do certame ‘De Tapas por Galicia’, nunha gala ‘showcooking’ que terá lugar o vindeiro 17 de xullo no hotel AC Palacio del Carmen de Santiago e na que os gañadores dos concursos de petiscos das sete cidades galegas competirán polo premio ao mellor cociñeiro galego de tapas.

Organizado por Turismo de Galicia, o concurso busca promover a creatividade gastronómica, especialmente a presentada en pequeno formato, como elemento dinamizador do turismo urbano, no que cada vez máis os visitantes buscan un achegamento á cultura, ás tradicións e á innovación dos seus destinos tamén a través do padal.

Desta volta, Rafael Pérez participa con ‘Itsasgorri (Mar Roxo)’, baseado en produtos tan presentes nas cociñas galegas coma nas vascas e que lle fixo gañador por segundo ano consecutivo do concurso Petisquiño de Vigo. Trátase dun pastel prensado de xurelo mariñado que inclúe tamén pemento asado, anchoa en conserva, caviar de olivas negras e dados de vermú galego xelatinado, nun conxunto enmarcado por dúas tellas crocantes de pan tramezzini e aderezado con sal, pementa e lima.

A gala
A final do cuarto certame De Tapas por Galicia desenvolverase nun ‘showcooking’ no que participarán os sete chefs galardoados nos concursos das súas respectivas cidades. Ao remate da gala entregaranse dous premios, un deles outorgado por un xurado de profesionais da gastronomía e a restauración e outro concedido por unha selección do público asistente.

No evento, Rafael Pérez competirá con Alejandro Martínez, do Café Vanessa (Ferrol); Sergio Musso e Francisco Chicón, do restaurante Eclectic (Coruña); Rubén González Vallejo e Sergio Orge, de El Cafetín (Pontevedra); Álvaro Pérez, do gastrobar ArteSana (Santiago); Bianca Coura e Pablo Domínguez Veloso, do restaurante A Adega das Caldas (Ourense); e Alejandro Méndez Lázare, da Arrocería Os Cachivaches (Lugo).

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

comercio solidario

loterías

  • La Primitiva da una alegría en Vigo
    La Primitiva da una alegría en Vigo La Primitiva ha dejado un pequeño pellizco en Vigo, que sin duda hará más llevadero el verano para el agraciado. Un boleto sellado en la zona de As Travesas ha resultado ganador de un premio de segunda categoría (cinco números…
    Leer más...

polémica

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos