23052018Mié
Última edición: Mié, 23 May 2018 2pm

Bocados de todo o continente con materia prima da casa

O mercado do Progreso acolleu a xornada ‘Degusta Europa’, evento no que o alumnado do CIFP Manuel Antonio preparou pratos franceses, británicos, holandeses, daneses e noruegueses con produtos locais

08 Mayo 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
'Brinde' institucional na apertura da xornada. / Foto: Deputación de Pontevedra 'Brinde' institucional na apertura da xornada. / Foto: Deputación de Pontevedra

O Mercado do Progreso de Vigo celebrou este martes a xornada ‘Degusta Europa’, iniciativa impulsada pola Deputación de Pontevedra na provincia con motivo do Día de Europa, que se celebra este mércores. O evento ten por obxectivos trasladar a innovación e vangarda gastronómica, da man do alumnado dos centros Manuel Antonio de Vigo e Carlos Oroza de Pontevedra, e poñer en valor os mercados locais elaborando tapas con produtos das rías e da terra inspirados en Europa.

Os pratos elaborados polos alumnos do CIFP Manuel Antonio están relacionados coa campaña ‘Somos Historias’, fío central da promoción turística deste ano da Deputación de Pontevedra, e con países cos que a institución provincial está a colaborar a través dos proxectos europeos.

Deste xeito, este martes servíronse en Vigo pratos como o francés “ratatouille” (guiso de hortalizas); o británico  “steak and kidney pie” (pastel de vacún e riles); o holandés “ewertonsoep” (guiso de chícharos e cárnicos sobre vaso de chopo e espetada); o danés “fiskefrikadeller” (albóndegas de bacallau); o noruegués “tosta de salmón”; o inglés “biscoito borracho con crema”; e o francés “enreixados de manzá e cabelo de anxo”.

‘Degusta Europa’, que ademais de poñer en valor os produtos locais e recuperar a imaxe dos mercados tradicionais da provincia, está tamén a divulgar o labor que realizando os centros formativos Manuel Antonio de Vigo e Carlos Oroza de Pontevedra. Ata o momento, na Guarda, Cangas e Vigo serviron as tapas e petiscos alumnas e alumnos do CIFP Manuel Antonio e a partir do xoves, coa chegada de ‘Degusta Europa’ a Lalín, será o alumnado do CIFP Carlos Oroza o encargado das preparacións que servirá tamén en Marín, o día 11, e en Vilagarcía de Arousa o 15 de maio.

Segundo apuntou a presidenta do ente provincial, Carmela Silva, a través desta iniciativa “queremos trasladar á cidadanía con motivo do Día de Europa que formamos parte dun grande entorno económico e político que é Europa, reivindicando a necesidade de que este entorno sexa máis humano, garanta máis dereitos e se converta así, nun espazo común para todas e para todos”.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

tráfico

medio ambiente

vivienda

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos