26072017Mié
Última edición: Mié, 26 Jul 2017 11am

O "Bai de Tapas" comeza con 20 locais a concurso e 40 propostas gastronómicas

O certame foi presentado este xoves en “La Crep”, gañador o ano pasado, e acabará o 4 de xuño

11 Mayo 2017 por
Valora este artículo
(1 Voto)
Tapa “Vientos Alisios de La Crep”. / Foto: Concello de Baiona Tapa “Vientos Alisios de La Crep”. / Foto: Concello de Baiona

Baiona xa saborea as delicias que este ano presenta a nova edición do concurso gastronómico Bai de Tapas.

O alcalde, Ángel Rodal; a concelleira de Turismo e Consumo, Beatriz González; o presidente de Aceba (Asociación de Comerciantes e Empresarios de Baiona), Marcos Comesaña, e os representantes das bodegas HGA e Pernod Ricard, Iago González e Constantino González, respectivamente, presentaron este xoves o certame no restaurante “La Crep”, gañador o ano pasado.

“O listón está moi alto pero os nosos hostaleiros demostrarán outra vez do que son capaces e confiamos en que os 20 locais participantes traballen para que esta sexta edición do Bai de Tapas repita o éxito obtido en anteriores ocasións, con preto de 30.000 tapas vendidas”, afirmou a concelleira.

O VI Concurso “Bai de Tapas” se celebrará entre o 11 de maio e o 4 de xuño e, como en anos anteriores, cada establecemento poderá presentar entre 1 e 3 tapas, que ofrecerá a un prezo de 2 euros (3,5 cun viño dos colaboradores: Albariño Albanta, Mencía Vía Imperial ou Rioja Campo Viejo).

O Premio á “Mellor Tapa” resultará de todas as votacións realizadas polos consumidores das tapas nos establecementos. Cada participante deberá votar a tapa ou tapas de, como mínimo, o 30% dos locais participantes, valorando de 0 a 10, e onde lle porán o selo de cada local. Unha vez conseguidos os selos necesarios e puntuadas as tapas poderán deixar as súas votacións, xunto cos seus datos persoais, nas furnas e caixas de correo habilitadas para tal fin, e así optar aos premios que reparte cada establecemento entre os votantes.

Nesta edición participarán un total de 20 establecementos de Baiona e Sabarís que prepararán 38 propostas gastronómicas. Na presentación deste xoves, o restaurante “La Crep” mostrou as súas apostas, que son dous pinchos co nome de “La Lata” e “Vientos Alisios de La Crep”. A espectacular presentación de ambas as dúas receitas acaparou a atención de todos os convidados e o restaurante postúlase novamente para gañar, por terceira vez, o Bai de Tapas.

170511 La Lata

Pola súa banda, o alcalde agradeceu a participación de todos os hostaleiros no concurso e convidou aos baioneses e visitantes a probar as tapas deseñadas nesta ocasión. “O certame xa é unha referencia en toda a comarca e significa unha demostración máis da nosa aposta pola calidade”, explicou.

Os representantes das bodegas colaboradoras, Iago González (Bodegas HGA) e Constantino González (Pernod Ricard Bodegas), amosaron a súa satisfacción por poder participar no VI Concurso Bai de Tapas e tamén destacaron a calidade e orixinalidade das propostas gastronómicas.

Escribir un comentario


Código de seguridad
Refescar

vigo

vigo

aeropuerto

casco vello

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos