11112019Lun
Última edición: Lun, 11 Nov 2019 7pm

A rehabilitación do Casco Vello de Vigo chega ata Washington

Unha exposición fotográfica que recolle proxectos de recuperación inclúe a reforma dos Rexistros da Propiedade da rúa Real

17 Octubre 2019 por
Valora este artículo
(1 Voto)
Fachada dos edificios na rúa Real. / Foto: CCVV Fachada dos edificios na rúa Real. / Foto: CCVV

A rehabilitación do edificio dos Rexistros da Propiedade, no Casco Vello de Vigo, chegou nada menos que ata Washington, da man de Héctor Santos-Díez. Este profesional coruñés, un dos máis importantes fotógrafos de arquitectura no país, participa nunha exposición organizada pola Asociación de Agregados Culturais Iberoamericanas na capital norteamericana, que se desenvolverá ata o próximo 27 de outubro.

A mostra recolle unha serie de imaxes en gran formato sobre distintos proxectos de recuperación urbana en España e América Latina. Entre os seleccionados atópanse dous proxectos documentados por Santos-Díez en Galicia, en concreto os acometidos na Praza do Curro en Noia e a citada rehabilitación no Casco Vello de Vigo, realizada sobre un edificio adquirido no seu día polo Consorcio do Casco Vello na Rúa Real, que posteriormente foi vendido aos responsables da súa rehabilitación.

Cada un dos proxectos recóllese en dúas fotografías de gran formato e noutras catro proxectadas nunha instalación audiovisual que forma parte da exposición. A obra agora destacada foi proxectada polo estudo de Jesús Irisarri e Guadalupe Piñera e recibiu distintos galardóns pola calidade do seu deseño, tanto a escala autonómica como estatal.

sede registro propiedad

Inicia sesión para enviar comentarios

ponteareas

navidad

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos