20032019Mié
Última edición: Mié, 20 Mar 2019 1pm

xviii premios coag

Cinco proxectos da área de Vigo, finalistas dos premios galegos de arquitectura

A depuradora do Lagares e unha clínica da rúa Colón atópanse entre os candidatos xunto a actuacións en Mos, Redondela e Moaña

15 Marzo 2019 por
A depuradora do Lagares. A depuradora do Lagares.

Cinco proxectos da área metropolitana de Vigo, dous deles da propia cidade olívica, veñen de ser nomeados finalistas da XVIII edición dos Premios COAG que concede o Colexio de Arquitectos de Galicia, que contaron coa candidatura de 155 propostas visadas, executadas e finalizadas entre o 31 de xullo do 2016 e o 31 de xullo do 2018.

O xurado, que se reuniu onte mércores, seleccionou 6 obras na categoría de Vivenda, 5 obras en Rehabilitación, 5 en Equipamentos, 6 en Deseño Urbano, Planeamento e Paisaxe, 5 en Obras de Reforma e Interiorismo, 5 en Arquitecturas Efémeras e de Baixo Custo, 5 en Divulgación, Investigación e Deseño, e 5 en Proxecto Fin de Carreira. O Premio á Traxectoria Profesional farase público nos próximos días.

Na categoría de Equipamentos foron nomeados o proxecto da depuradora do Lagares, que correu a cargo de Perfecto Cendón Domínguez e Francisco Javier Vázquez Fernández, e a Escola infantil en A Veigadaña, en Mos (Estefanía Grandal Leirós, Juan Ignacio Prieto López e Faustino Patiño Cambeiro). En Obras de Reforma e Interismo optarán ao premio a reforma, acondicionamento e actividade para clínica oftalmolóxica da clínica Javier Fernández Ulloa, situada na rúa Colón de Vigo (Pablo Menéndez Paz) e a cafetería Mola, Coffee & Play de Redondela (Castroferro Arquitectos). Por último, resultou finalista en Rehabilitación a igrexa de Tirán, en Moaña (Antonio Pernas Varela).

O xurado está composto polo decano do Colexio de Arquitectos, Antonio Maroño, que actuará como presidente. Na función de vogais, a Xunta de Goberno do Colexio designou a dou arquitectos de recoñecido prestixio, Cristina Ouzande e o portugués João Santa Rita. En representación da ETSA de A Coruña forma parte do xurado a arquitecta e subdirectora da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña Amparo Casares, ademais do responsable da Comisión de Concursos, Formación, Cultura e Comunicación do COAG, Cristóbal Crespo González. E o secretario do xurado é o secretario do COAG, José Luis Sanmiguel Guerreiro.

Para facer públicos estes prestixiosos galardóns da arquitectura galega máis destacada do momento, o Colexio de Arquitectos de Galicia celebrará unha gala de entrega de premios o vindeiro 29 de marzo no Teatro Jofre de Ferrol (Praza de Galicia, s/n), ás 20:00 horas.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

tráfico

televisión

opinión

  • Colonoscopia pública
    Colonoscopia pública Si le hacen una colonoscopia en un hospital del Sergas tenga la seguridad y la tranquilidad de que será una colonoscopia pública. Con las nuevas políticas de publicidad, además, tal vez le pongan un sello en el culo que haga…
    Leer más...

celta

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos