18092019Mié
Última edición: Mié, 18 Sep 2019 2pm

PREMIOS GRAN DE AREA DE APORTACIÓN Á ARQUITECTURA

O certame Gran de Area 2018 premia catro proxectos arquitectónicos de Vigo

Os galardóns, outorgados polo COAG, recoñeceron dúas rehabilitacións de vivendas, un acondicionamento de nave industrial e o deseño dunha taberna

22 Octubre 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
A Casa Oliveira. A Casa Oliveira.

A delegación de Vigo do Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG) fallou os galardóns da décimo oitava edición dos Premios Gran de Area de Aportación á Arquitectura 2018, uns premios que supoñen un recoñecemento ao traballo de arquitectos, promotores, aparelladores, construtores e demais colaboradores necesarios nas obras e proxectos de calidade desenvoltos.

Este ano presentáronse 32 propostas na área de Vigo, que denotan os diferentes e variados ámbitos nos que traballan os arquitectos, desde o paisaxismo á obra nova, pasando polo interiorismo ou a restauración de monumentos. Nesta edición resultaron agraciados catro proxectos da cidade olívica, un de Nigrán e outro de Baiona (ver detalles máis abaixo).

Con máis motivo, e polo esforzo redobrado dos participantes por alcanzar os obxectivos ante diversas limitacións, a organización salientou que estas propostas son unha “oportuna reivindicación da profesión e da arquitectura na nosa contorna”.

O xurado valorou a totalidade dos proxectos presentados e os aspectos concretos que aportan un carácter ou valor singular pola súa tipoloxía, innovación tecnolóxica, baixo custo ou implantación no territorio. Tras un longo debate e análise dos proxectos presentados, o xurado seleccionou catro premiados na cidade olívica, un en Nigrán e outro en Baiona.

O acto de entrega de diplomas celebrarase en Vigo no mes de novembro para os arquitectos, promotores, construtores e aparelladores das obras distinguidas. Este acto complementarase coa organización dun ciclo de conferencias.

Os premios Gran de Area de Aportación á Arquitectura 2018 pretenden ser un vehículo de comunicación coa sociedade do que se ten feito de calidade como proxecto ou obra na contorna próxima.

O certame está encamiñado a mostrar que a arquitectura é “posible e próxima”, e que os axentes intervenientes e recoñecidos nas obras, desde a súa responsabilidade e a escala da intervención, poden procurar que o contorno sexa mellor e unha expresión da cultura arquitectónica e os valores colectivos desta sociedade e deste tempo.

Proxectos premiados:
Rehabilitación parcial de edificios de vivendas (Vigo)
Arquitectos: Francisco Javier Vázquez Fernández e Perfecto Cendón Domínguez. Cendón-Vázquez ArquitectosRehabilitación parcial edificios vivendas. Vigo

Taberna Morrofino (Vigo)
Arquitectos: Iago Fernández Penedo e Óscar Fuertes DopicoTaberna Morrofino. Vigo

Rehabilitación de vivenda. Casa Oliveira (Vigo)
Arquitectos: María Pilar González Ferro e Jordi Castro AndradeRehabilitación vivenda Casa Oliveira. Vigo

Acondicionamento de nave para oficinas marítimo pesqueiras (Vigo)
Arquitectos: Jordi Castro Andrade e María González FerroPrazaTellada03

Rehabilitación do antigo Hospital Espíritu Sancti con destino a biblioteca e arquivo histórico (Baiona)
Arquitectos: Clara Murado e Juan Elvira. Murado & Elvira ArquitectosRehabilitación Antigo Hospital Espíritu Sancti. Baiona

Nave industrial en Montes da Barxa (Nigrán)
Arquitecto: Leopoldo Alonso-Lamberti CasusoNave industrial. Nigrán

Inicia sesión para enviar comentarios

movilidad

marítima

semana europea de la movilidad

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos