As entradas pódense adquirir en Ataquilla.com ou no Centro de Atención Integral de AFAGA (Av. Martínez Garrido, 21, Vigo). Aquelas persoas que non poidan asistir, pero queiran colaborar, poden facelo adquirindo as entradas da fileira 0 dispoñibles en Ataquilla.com.
Oswaldo Digón repetirá como condutor da gala, que na edición deste ano conta coa presenza de recoñecidos cómicos galegos como Pepo Suevos, Rober Bodegas e Danny Boy–Rivera. A recadación do evento destinarase á posta en marcha de novos programas e talleres para mellorar a calidade de vida das persoas afectadas por enfermidades neurodexenerativas e dos seus familiares.
Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer y otras Demencias de Galicia
Esta asociación é unha entidade sen ánimo de lucro que foi creada para desenvolver unha serie de actividades destinadas a mellorar a calidade de vida dos enfermos de alzhéimer e outras demencias e dos seus familiares, así como para ofrecer información, asesoramento e orientación a todas as persoas que así o demanden.