Na súa intervención, Abel Caballero ofreceu a Unicef-España a colaboración dos Gobernos Locais para a aprobación dun Pacto de Estado que axude ao desenvolvemento persoal e social da infancia e a xuventude no noso país, no marco da Axenda 2030. Manifestou así que esa atención aos máis pequenos e as políticas que se desenvolvan teñen que dirixirse non só aos «nosos nenos senón tamén aos que veñen de fóra».
O alcalde de Vigo enmarcou estas demandas dentro da «revolución» que se vive no mundo local nestes momentos, a «revolución da cercanía», na que é unha prioridade a «atención permanente e determinante» cara os nenos e nenas. Trátase, dixo, dunha «cultura nova», dunha forma de afrontar a educación, a atención social ou a participación dos máis novos por parte dos concellos e de «facer unhas cidades para vivir, máis humanizadas, pensadas e deseñadas para os nenos e a xuventude».
Nesa «revolución» das cidades e municipios, engadiu Caballero- «non debe quedar ningún nenos na cuneta», referíndose tanto aos que viven actualmente nelas «e non poden pagar a comida dos comedores escolares», por exemplo, como a quen están chamando ás nosas portas desde as fronteiras de Europa.
O IV Congreso de Cidades Amigas da Infancia está dirixido a alcaldes, concelleiros, técnicos e representantes públicos municipais, españois e estranxeiros, interesados no deseño de políticas públicas con enfoque de Infancia e de Axenda 2030. Tamén participan membros de organizacións cidadás, profesores, investigadores e estudantes.
Abel Caballero interveu na inauguración do encontro xunto co Presidente de Unicef Comité Español, Carmelo Angulo; a Directora do IUNDIA, María Ángeles Espinosa; a Directora de Servizos Xerais para a Familia e a Infancia, Mª Pilar González; e Marc Simón, director corporativo da Área Social da Fundación «La Caixa».