O albergue conta cunha asignación económica de 830.000 euros, integramente sufragados polas arcas municipais. Os datos do pasado mes de febreiro indican que houbo un total de 1.009 pernoctas totais por parte de 148 persoas, 22 de elas novas, e cunha ocupación global media de 94,83%.
«O albergue está ben dimensionado e a proba a temos en que hai un 5% de camas dispoñibles, intentamos ter máis prazas pero a Xunta foi quen o impediu», sinalou o alcalde de Vigo, Abel Caballero, respecto a posibilidade de que aumentase a ocupación de 38 a 40 camas.
Ademais, o rexedor destacou outros servizos prestados nas mesmas instalacións como o Centro de Día, onde 25 usuarios participaron en 14 actividades diferentes, que foron desde ximnasia a viaxateca, videofórum, cocina, educación básica ou creatividade.
Unidade de Rúa e de Hixiene
O albergue tamén dispón dunha Unidade de Rúa que atende a persoas que non queren acudir a centro. Levado por educadoras sociais e técnicas de integración, realiza 90 servizos mensuais na rúa e nos pasado mes de febreiro atendeu a 43 persoas, seis delas casos novos. Conta cun vehículo de transporte que leva zumes, café con leite, bolos, mantas e sacos de durmir.
Outra das funcións prestadas desde as instalacións municipais é a Unidade de Hixiene, que permitiu en febreiro atender a 204 usuarios para servizos como duchas ou lavandería. Igualmente, hai actividades como cine, rutas guiadas ou visitas a museos.