11122019Mié
Última edición: Mar, 10 Dic 2019 9pm

Premio “Paraugas” para o Catálogo “Mulleres do Silencio” da Deputación

Carmela Silva: “É o segundo premio que nos dan esta semana vinculado á igualdade. Esta obra é un exemplo do que para a Deputación de Pontevedra significa dar voz ás mulleres”

01 Diciembre 2019 por
Valora este artículo
(1 Voto)
A obra foi editada pola Deputación de Pontevedra coa iniciativa da comisaria da mostra da que xurdiu o catálogo, Rosario Sarmiento, e impresa por Tórculo Comunicación. A obra foi editada pola Deputación de Pontevedra coa iniciativa da comisaria da mostra da que xurdiu o catálogo, Rosario Sarmiento, e impresa por Tórculo Comunicación.

O Catálogo “Mulleres do Silencio”, editado pola Deputación de Pontevedra, coa iniciativa da comisaria Rosario Sarmiento, e impreso por Tórculo Comunicación, acaba de ser galardoado co Premio “Paraugas” polo Clúster de Comunicación Gráfica de Galicia ao mellor libro.

A deputada provincial Ana Laura Iglesias recolleu o galardón na cerimonia de entrega que tivo lugar en Ourense, onde subliñou que a edición desta obra, que recolle a esencia da exposición que co mesmo nome visibilizou o talento de 19 mulleres da arte galega do século XX, se enmarca na prioritaria aposta pola igualdade que ten a institución provincial. Iglesias reiterou o firme compromiso da Deputación, “un eixo no que seguiremos traballando ata que todos e todas poidamos resgardarnos baixo o mesmo Paraugas”.

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, mostrou a súa emoción “xa que trátase do segundo premio que nos dan esta semana vinculado á igualdade. Esta obra é un exemplo do que para o noso goberno significa dar voz ás mulleres”. Silva agradeceu en primeiro lugar o premio á comisaria da exposición da que xurdiu o catálogo, Rosario Sarmiento, “que ideou como tiña que plasmarse esa mostra de mulleres artistas en páxinas”, para recoñecer logo todo o “excelente traballo” dos departamentos da Deputación implicados na edición deste libro: o Servizo de Igualdade, que asumiu a coordinación, o de Comunicación Institucional, encargado do seu deseño e maquetaxe, e o de Servizos Lingüísticos, que revisou e traduciu os textos. E estendeu o agradecemento á empresa Tórculo, que foi a encargada de realizar a impresión da obra.

Carmela Silva lembrou que as artistas galegas cuxa traxectoria recolle “Mulleres do silencio. De Maruja Mallo a Ángela de la Cruz” estiveron “historicamente ocultas” a pesar das súas grandes aportacións “ata o punto de ser precursoras de moitas mulleres artistas que hoxe están a ser protagonistas da revolución cultural que vive Galicia”. Apuntou a este respecto que “un dos eixos fundamentais polos que se rexen as nosas políticas” por ser “o gran reto deste século XXI para a sociedade” e para o que aínda, como subliñou a presidenta, “queda moito camiño por percorrer”.

“Non seremos unha sociedade plenamente democrática sen igualdade”. Nese senso, dedicou tamén o premio “a todas as feministas que nos abriron camiño e grazas as que temos todos os avances conseguidos”. “Como di Yolanda Castaño _sinalou_ no limiar doutro catálogo, o da exposición “Sempre Marzo”, o noso obxectivo é “que nunca se enfríen as brasas da páxina” escrita polo feminismo desde hai séculos. Sen dúbida, o século XXI será o século das mulleres”.
O catálogo xa estase a repartir nos centros escolares “porque nos parece unha semente máis para inculcarlles aos máis novos e novas como debe ser ese futuro en igualdade”.

Inicia sesión para enviar comentarios

medio ambiente

navidad

  • Últimas noticias

  • Más leído