21112019Jue
Última edición: Mié, 20 Nov 2019 9pm

Irene Villa ofrece en Vigo unha conferencia sobre o exemplo de superación

Estará o 30 de outubro na Sede Afundación de Vigo e o xoves 31 na Sede Afundación da Coruña

21 Octubre 2019 por
Valora este artículo
(1 Voto)
Irene Villa. / Foto: Afundación Irene Villa. / Foto: Afundación

Irene Villa será a seguinte protagonista do programa de conferencias de Afundación coa charla «As barreiras polas ti» na que falará sobre como enfrontarse aos retos, tanto profesionais como persoais, para superalos. Estará o 30 de outubro na Sede Afundación de Vigo e o día 31 na Sede Afundación da Coruña e todas as prazas dispoñibles para asistir a ambas as dúas charlas xa se cubriron.

Afundación, a Obra Social de Abanca, retoma o seu ciclo de conferencias «Educación século XXI» con novos relatores e temas, coa presenza de Irene Villa. Licenciada en Comunicación Audiovisual, en Psicoloxía e en Humanidades, Villa chega ao progrma como "mellor exemplo de superación ante calquera obstáculo persoal ou profesional".

As súas actividades profesionais compaxínaas co deporte, xa que forma parte do Equipo Nacional de Esquí Alpino Adaptado, co que conseguiu diferentes galardóns e medallas. Foi recoñecida como unha das 50 mulleres líderes de España, Woman of the year 2018 nos «Awards New York Summit» e co premio «Nenos de Europa» outorgado por Lady Di. Así mesmo, é embaixadora europea da Cidadanía e foi candidata aos Premios Príncipe de Asturias. 

Con tan só 12 anos de idade sufriu un grave atentado terrorista no que perdeu as dúas pernas e os dedos dunha man. Esta experiencia non só cambiou a súa vida, tamén o seu código de valores, converténdose no mellor exemplo das segundas oportunidades. Actualmente desenvolve a súa carreira profesional como xornalista en diferentes medios de comunicación de prensa, radio e televisión. Tamén é autora de varios libros e novelas como Saber que se puede (2011), Nunca es demasiado tarde, princesa (2013) e Como el sol para las flores (2015).

Afundación iniciou en 2017 o ciclo «Educación século XXI», un programa de conferencias que pretende difundir as últimas novidades en formación e ensino, abordando diferentes enfoques sobre a docencia, e á súa vez reunir á comunidade docente, parental e ao estudantado. A edición deste curso continuará co empresario e escritor Álex Rovira, que falará o 11 de decembro na Sede Afundación de Pontevedra e o día 12 na Sede Afundación de Santiago de Compostela.

Máis de 5.000 persoas xa asistiron a estas charlas que este curso se estenderán tamén a outras localidades fóra de Galicia. Así, César Bona, finalista dos Global Teatcher Prize 2015 e un dos principais referentes na defensa dun cambio de modelo no sistema educativo, ofrecerá unha conferencia en Xixón e León os días 20 e 21 de novembro, e Xuxo Ruiz, especialista en maxia infantil e maxia educativa e finalista dos Global Teacher Prize 2018, estará en Oviedo o vindeiro 23 de outubro.

Inicia sesión para enviar comentarios

navidad

virales

comercio

  • Últimas noticias

  • Más leído