20102019Dom
Última edición: Sáb, 19 Oct 2019 8pm

Festimáis entrega 4.500 quilos de comida ao Banco de Alimentos

O tobogán acuático xigante foi un dos grandes atractivos do día, aínda que tamén hai que destacar a afluencia de público a indoor e zumba, desafiando a calor

01 Junio 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
O Festimáis, organizado por Máis que Auga, comezou en Navia ás 09:30 horas. / Foto: Rosa González O Festimáis, organizado por Máis que Auga, comezou en Navia ás 09:30 horas. / Foto: Rosa González

A segunda edición do Festimáis acadou os seus obxectivos: unha xornada de deporte, familia, xogos e solidariedade. Desta forma, grazas ás aportacións das e dos participantes, Banco de Alimentos recibiu 4.500 quilos de alimentos non perecedoiros.

O Festimáis, organizado por Máis que Auga, comezou en Navia ás 09:30 horas coa saída das andainas e as primeiras masterclass (body pump, aquagym en familia, wodfit e ciclo indoor) ata que ás 11:30 horas chegou o momento de saber que cantidade de alimentos se recadaran. O alcalde de Vigo, Abel Caballero, foi o encargado de entregar o cheque por valor de 4 toneladas e media ao presidente do Banco de Alimentos de Vigo, Pedro Pereira, en medio do aplauso dos asistentes.

Como estaba previsto, o tobogán acuático xigante foi un dos grandes atractivos do día, dende primeira hora, aínda que tamén hai que destacar a afluencia de público nas diferentes masterclass (principalmente en ciclo indoor e zumba), desafiando ás altas temperaturas. En total, nas actividades deportivas previstas, preto de mil persoas que apostaron pola solidariedade. E mentres os maiores facían deporte, os máis pequenos gozaban na ludoteca, ou cos monicretes Alakrán ou o pallaso Popín. E pola tarde, concerto de Uxía Lambona e a banda Molona (18:00) e para rematar, a festa da espuma
(19:00 horas).

Inicia sesión para enviar comentarios

sucesos

economía

economía

  • Últimas noticias

  • Más leído