23072019Mar
Última edición: Mar, 23 Jul 2019 9pm

O calendario solidario dos profesionais do Chuvi recada 12.000 euros

As autoras do almanaque entregaron sendas contías de 4.000 euros á Asociación de Doantes de Órganos de Vigo e á Asociación Galega de Trasplantados de Médula Ósea

07 Febrero 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
Acto formal de entrega dos cheques. / Foto: Chuvi Acto formal de entrega dos cheques. / Foto: Chuvi

A venda do calendario solidario ‘Amanecer 2019’ obtivo unha recadación de 12.000 euros en tres meses, segundo as cifras que facilitaron as coordinadoras do proxecto durante o acto de entrega de doazóns as dúas asociacións de pacientes coas que se comprometeron cando puxeron á venta o almanaque, o pasado mes de outubro.

Do total da cantidade recadada, 4.000 euros foron entregados á Asociación de Doantes e Receptores de Órganos de Vigo (Adrovi) e outros 4.000 euros foron para a Asociación Galega de Trasplantados de Médula Ósea (Asotrame). O resto destinouse a sufragar os gastos que o grupo tivo para a realización e edición do calendario.

A iniciativa dos calendarios solidarios ‘Amanecer’ xurdiu no ano 2017, a cargo dun grupo de profesionais do servizo de Urxencias do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi), coordinado polas técnicas de coidados auxiliares de enfermaría (TCAEs) Carmen Pelliteiro e Monse Álvarez. O grupo estivo integrado este ano por 13 profesionais de distintas categorías: enfermaría, celadoras e mesmo o xefe do servizo, o doutor Luís Amador.

Ao acto de entrega das doazóns asistiron o xerente da EOXI de Vigo, Félix Rubial, algunhas das protagonistas das fotografías do calendario e representantes das dúas asociacións agasalladas nesta ocasión. A doazón para Adrovi foi recollida polo seu presidente, Celso García, e a de Asotrame tamén pola súa presidenta, Cristina Piñeiro.

Satisfacción
As coordinadoras do calendario mostráronse moi satisfeitas cos resultados alcanzados nesta segunda edición, ao mesmo tempo que "sorprendidas" pola resposta obtida, "moito máis do que esperabamos", sinalou Carmen  Pelliteiro.

Celso García, presidente de Adrovi, agradeceu que as autoras da iniciativa acordásense da súa asociación e lembrou a necesidade da doazón de órganos.

Pola súa banda Cristina Piñeiro, de  Asotrame, explicou a importancia da doazón non só polo seu importe senón porque contribúe a que a súa asociación sexa cada vez máis visible ante a cidadanía.

Motivos orixinais
Este ano a estética elixida para as fotografías foi o Steampunk “xa que buscamos algo orixinal, distinto e que chamara a atención , polo que o vestiario, a maquillaxe, os complementos e a ambientación estiveron inspirados neste movemento artístico” expresou a coordinadora artística do proxecto, Montse Álvarez, que adiantou: “Xa temos pensado algo moi bonito para a próxima edición”.

Tratase dun movemento artístico e sociocultural con elementos comúns da ciencia ficción ou a fantasía cuxas temáticas amosan unha tecnoloxía anacrónica ou invencións futuristas. As sesións fotográficas realizáronse no Parque “El pasatiempos” de Betanzos  e no propio Hospital Álvaro Cunqueiro.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

vigo en festas 2019

vigo

  • Últimas noticias

  • Más leído